Miguel Anxo Montes García, tamén coñecido como Miki Nervio, Miguel A. Montes e Miki Montes, nado na Coruña en 1964, é un cantante e escritor galego.
Traxectoria Fundador e vocalista da banda Miki Nervio & The Bluesmakers, foi coñecido na súa primeira etapa pública pola actividade literaria. Membro do grupo Ilha Quente de Nengures (1984, Colexio Universitario da Coruña), participou en numerosas publicacións e recitais antes de cofundar Ronseltz en 1985.
Dous anos despois Miki Nervio debutaba como cantante nun concerto celebrado en Santiago e pouco despois actúa no extinto bar Borrazás, o mesmo local coruñés que vira nacer Ronseltz. Daquel concerto prenderon agromos do que rematarían sendo os Bluesmakers, que se deron formalmente a coñecer en 1992.
O timbre enérxico de M. Nervio, evoluíndo desde os referentes do blues moderno ao country blues e desde el ao ragtime, a preferencia polo kazoo e o contacto coa rúa conforman unha personalidade artística inconfundíbel.
Coas distintas formacións dos Bluesmakers ou colaborando con recoñecidos músicos da órbita do blues dentro e fóra de Galicia, Miki Nervio participou en máis de 500 concertos, así coma en shows radiofónicos e televisivos.
Obras Con Ronseltz, asinando como Miguel A. Montes, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994, Edicións Positivas. Con Miki Nervio & The Bluesmakers (CD): Namberguán Rural Blues (1998), Autentic Rial Strit Blus (1999), Directo en Pontevedra (2004), 15 Years Old Blues (2005) e Let The Old Times Roll (2013). Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en Facebook de Miki Nervio & The Bluesmakers Páxina de Miki Nervio & The Bluesmakers (en castelán) Crónica en Coruña In
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes