Inocencio III (de nome Lando di Sezze ou Lanzo), nado en Sezze e finado en Cava de' Tirreni sobre 1183 foi un antipapa da Igrexa Católica do 1179 ata a súa morte. Traxectoria Nado nunha nobre familia de orixe longobarda, foi nomeado cardeal co título de cardeal diácono de Sant'AngeloJohn N.D. Kelly, Gran Dizionario Illustrato dei Papi, p. 466 polo antipapa Vítor IV; elixírono antipapa o 29 de setembro de 1179 algúns baróns romanos xibelinos opositores ao papa Alexandre III, sendo así o cuarto dos antipapas apoiados por Frederico Barbarroxa. Porén despois Alexandre, ofrecendo os seus favores e prebendas, deu convencido aos seus sostedores a o abandonaren. Inocencio III foi capturado en Palombara Sabina no Castelo Savelli Torlonia, propiedade dun parente de Vítor IV, onde se refuxiaracita neste sitio. e confinado na abadía de Cava de' Tirreni en xaneiro de 1180 onde permaneceu recluído ata a súa morte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía John N.D. Kelly, Gran Dizionario Illustrato dei Papi, Casale Monferrato (AL), Edizioni Piemme S.p.A., 1989, ISBN 88-384-1326-6 Maria Teresa Caciorgna, «Innocenzo III, antipapa». In: Dizionario Biografico degli Italiani, Volume 62, Roma: Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 2004. Ligazóns externas The Cardinals of the Holy Roman Church-Conclave

Categoría:Antipapas Categoría:Nados na provincia de Latina