"De la capăt (All Over Again)" (en galego: Dende o principio (Todo de novo)) é unha canción do grupo musical Voltaj. A canción representará á Romanía no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria.

Controversia Voltaj foi moi criticado polos seus fans romaneses polo feito de que, ao principio, querían representar á Romanía no Festival de Eurovisión 2015 en lingua inglesa. En marzo de 2015, a banda decide facer unha versión mesturada en inglés e romanés para que a súa mensaxe puidese ser entendida polos votantes da competición. O mesmo día facían en Facebook a seguinte declaración:

"Queridos... xa decidimos! Faremos caso ás vosas opinións, ás cales engadimos o que debemos facer para ter as máximas posibilidades en Viena. E esta é a versión da canción que realizaremos no certame!"

Notas

Categoría:Cancións da Romanía en Eurovisión