Coalición por El Bierzo (Coalición polo Bierzo en galego) é unha federación de partidos políticos de ideoloxía bercianista, formada en 2017 e que ten a súa orixe nunha coalición e partidos e candidatos independentes que se estableceu para concorrer as eleccións municipais e autonómicas de maio de 2015.
Traxectoria A federación formárona o Partido de El Bierzo, o Partido de la Tierra 7,http://www.leonoticias.com/frontend/leonoticias/Coalicion-Por-El-Bierzo-Presenta-Sus-Candidatos-A-La-Alcaldi-vn170802-vst443 e antigos militantes do MASS, o PSOE e o PP, que se uniron a esta candidatura.
A coalición bateu un récord na historia do bercianismo político ao ser a ocasión na que se presentou o número máis grande de candidaturas na práctica totalidade dos concellos do Bierzo e máis Villablino,http://www.infobierzo.com/coalicion-por-el-bierzo-completa-sobre-la-bocina-sus-candidaturas-en-todos-los-municipios-del-bierzo-y-en-villablino/170406/ un fito que non acontecera antes. A coalición presentou 700 candidaturas en 39 concellos e 11 pedanías.http://www.leonoticias.com/frontend/leonoticias/En-El-35-De-Las-Pedanias-Del-Bierzo-Apuesta-Por-Una-Candida-vn173261-vst472
Entre os seus candidatos tivo unha octoxenaria, que foi a candidata máis lonxeva da provincia de León nestas eleccións.
Os seus líderes máis visibles son Pedro Muñoz Férnandez, candidato á alcaldía no concello de Ponferrada,http://www.elbierzodigital.com/coalicion-por-el-bierzo-se-presenta-con-33-candidaturas/80003 Iván Alonso, secretario xeral do PB e segunda na lista á alcaldía de Ponferrada, e a súa voceira Raquel Díaz.
Os resultados de Coalición por El Bierzo nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron os mellores resultados electorais que o bercianismo obtivo ata a data dende a súa fundación. A nivel municipal, CB obtivo 7.847 votos e 39 concelleiros, dúas alcaldías, presenza en 23 concellos bercianos, dous concelleiros no Consello Comarcal do Bierzo, e ademais obtivo un deputado provincial na Deputación de León. Nas eleccións autonómicas, malia os 5.026 votos, o partido non obtivo representación nas Cortes de Castela e León.http://resultados.elpais.com/elecciones/autonomicas-municipales.html
Nas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, Coalición por el Bierzo obtivo 5.587 votos (2,12% do voto provincial) e 25 concelleiros, o cal significa que os resultados do partido foron máis baixos que aqueles conseguidos catro anos antes en 2015.
En marzo de 2021, aproveitando o bicentenario da creación da Provincia do Bierzo, o BNG, a pedimento de CB, presentou unha Proposta Non de Lei no Parlamento galego para incorporar ao Bierzo como unha provincia máis a Galicia.https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/01/28/bierzo-trae-parlamento-debate-sobre-antigua-provincia-anexion-galicia/00031611838385404331692.htm A proposta foi rexeitada polo Parlamento de Galicia en abril dese ano.https://www.leonoticias.com/bierzo/parlamento-galicia-rechaza-20210414143304-nt.html
Nas eleccións autonómicas de Castela e León no ano 2022, CB presentouse xunto á plataforma O Bierzo Existe nunha candidatura conxunta encabezada polo secretario de organización de CB, Raúl Rodríguez Canca. A coalición acadaría a sétima posición con 2.508 sufraxios e o 1,1% do total de León.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Partido de El Bierzo Partido Regionalista de El Bierzo Provincia do Vierzo
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Bercianismo Categoría:Forzas políticas de Castela e León