Polina Sergeevna Gagarina (en ) máis coñecida como Polina Gagarina é unha cantante, compositora, actriz e modelo rusa que representará a Rusia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "A Million Voices".

Biografía Gagarina naceu en Saratov, na antiga Unión Soviética, mais pasou a súa maior parte da súa xuventude en Grecia. A súa nai era bailarina de ballet. O pai de Polina faleceu en 1993, polo que a súa nai decidiu volver a Rusia, pero un ano máis tarde volvían a Atenas. Para completar a súa educación, Gagarina volveu a Rusia e estableceuse en Saratov coa súa avoa.

O 25 de agosto de 2007, casou co actor ruso Peter Kislov, co que tivo un fillo, Andrey, que naceu o 14 de outubro de 2007. Eles divorciáronse o 31 de marzo de 2010. O 9 de setembro de 2014 casou co fotógrafo Dmitry Iskhakov.

Discografía Álbums Poprosi u oblakov (2007) O sebe (2010)

Sinxelos Kolybelnaya (2005) Ya tvoya (2006) Ya tebya ne proshyu nikogda (2007) Lyubov' pod solntsem (2007) Gde to zhivet lyubov''' (2008) Komu, zachem? (con Irina Dubtsova) (2008) Propadi vse (2009) Ya obeshyau (2010) Oskolki (2011) Spektakl' Okonchen (2012) Net (2012) Navek (2013) Shagai (2014) A Million Voices'' (2015)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Festival de Eurovisión 2015 Rusia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cantantes de Rusia Categoría:Representantes de Rusia en Eurovisión Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Saratov Categoría:Cantantes en lingua rusa