A das commelínidas (Commelinidae) é un taxon de plantas situado na categoría taxonómica de subclase, utilizado en sistemas de clasificación modernos, como o sistema de clasificación APG III de 2009. e polo Angiosperm Phylogeny Website, (do 2001 en adiante).

Nestes sistemas de clasificación este taxon se sitúa no clado monocotiledóneas (aquí comsiderado como clase), e está constituído polas ordes das Arecales, Zingiberales, Commelinales e Poales, e pola familia das Dasypogonaceae (que en xaneiro do 2011 aínda non fora asignada a ningunha orde).

Este taxon tal como aquí se describe forma un grupo monofilético ben establecido tanto por caracteres morfolóxicos como por análises moleculares de ADN, polo que xa se sospeitaba da súa existencia desde haí tempo.

Pero noutros sistemas de clasificación "clásicos", como o de Cronquist de 1981,Cronquist, A. (1981): An integrated system of classification of flowering plants. New York: Columbia University Press. a súa adscrición era distinta, aproximándose ao aquí definido como Poales). Unha aparente sinapomorfía química que une a todo o grupo é a presenza de ácidos fluorescentes á luz ultravioleta (incluíndo ácidos cumarínicos, ferúlicos e diferúlicos).

A commelínidas inclúen un gran número de plantas economicamente importantes, entre elas as palmeiras (familia das Arecaceae), o xenxibre (da familia das Zingiberaceae), as bananeiras (da familia das Musaceae) e os pastos e cereais (da familia das Poaceae).

Filoxenia O cladograma, actualizado á data de 2009, da situación do clado dentro das monocotiledóneas, e das relacións entre os seus subclados, é o seguinte:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Liliopsida

Ligazóns externas Angiosperm Phylogeny Group (2009): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society Volume 161, número 2, páxinas 105–121. Commelinidae Takht. en Tropicos.

Categoría:Liliopsida