O Partido Comunista Portugués (PCP), é un partido comunista de Portugal, fundado en 1921, de estrutura e ideoloxía marxista-leninista.

Historia miniatura|Pintada do PCP Nas fábricas. É un dos partidos políticos máis antigos de Europa. Ten deputados na Asemblea da República e no Parlamento Europeo, onde integra o grupo Esquerda Unitaria Europea - esquerda Verde Nórdica. O seu líder histórico é Álvaro Cunhal, que foi substituído en 1992 por Carlos Carvallhas. O líder desde 2004 é Jerónimo de Sousa.

O partido foi fundado en 1921 como sección portuguesa da Internacional Comunista, Comitern. Ilegalizado na fin dos anos 20, o PCP tivo un papel fundamental na oposición ao réxime ditatorial de António de Oliveira Salazar. Durante estas cinco décadas, o PCP participou activamente na oposición ao réxime e era o partido, clandestino naquela época, máis organizado e máis forte da oposición. Foi suprimido de xeito constante a mans da policía política, a PIDE. Rematada a Revolución dos Caraveis en 1974, os 36 membros do seu Comité Central, en conxunto, tiñan xa cumprido máis de 300 anos de prisión.

Após o fin da ditatura, o partido converteuse nunha das principais forzas políticas do novo réxime democrático, principalmente entre os traballadores, e con especial relevancia nas áreas rurais do Alentexo e Ribatexo e mais nas zonas industrializadas como Lisboa ou Setúbal, onde lidera varios municipios.

Publicacións do PCP O semanario Avante!, fundado en 1931. A revista bimensual O Militante.

Véxase tamén

Categoría:Partidos políticos de Portugal Categoría:Partidos comunistas