Denomínase dinastía Pharnavaziana () á primeira dinastía de reis xeorxianos de Kartli preservados pola tradición histórica xeorxiana e que gobernaron, con intervalos, desde o século III a.C. ao século II d.C. cando chegou ao poder a dinastía Arsácida.
Historia Segundo a crónica altomedieval xeorxiana, A vida dos reis xeorxianos, a dinastía descende de Parnavaz, o fundador do reino de Iberia, vencedor do tirano Azon, que deixara Alexandre o Grande para gobernar o país. A historia de Pharnavaz non está atestada directamente en fontes de fóra de Xeorxia e non existe indicación contemporánea ningunha que demostre que fora o primeiro rei xeorxiano, ademais mesturada con trazos e imaxes de fantasía, acumulando o Pharnavaz real unha fachada mítica emerxendo como un modelo de monarca precristián nos anais xeorxianos.Rapp, p. 276.
Non obstante ser a expedición de Alexandre a terras xeorxianas totalmente fabulosa, as evidencias xeorxianas e clásicas suxiren que os reis de Iberia cultivaron relacións próximas co Imperio Seléucida, un sucesor helenístico do imperio de Alexandre, que tiña o seu centro en Siria, mesmo ás veces recoñecendo a súa soberanía. O fillo de Pharnavaz, Saurmag morreu sen un herdeiro masculino, pasando a dinastía á liña feminina por medio do matrimonio da filla de Saurmag con Mirian, sobrevivindo así a dinastía na persoa do fillo de Mirian, Parnadjom pero unha póla da dinastía artáxida fíxose co trono entre o 90 ao 30 a.C. cando os Pharnavazianos volveron ao poder ata que no século II coa axuda do rei de Armenia se instalou en Xeorxia a dinastía Arsácida.
Reis da dinastía Pharnavaziana
Primeiro intervalo Pharnavaz I de Iberia, 302–236/4 a.C. Saurmag I de Iberia (fillo), 234–159 a.C.
Segundo intervalo Mirian I de Iberia (xenro, adoptado coma fillo), 159–109 a.C. Parnadjom de Iberia (fillo), 109–90 a.C. Mirian II de Iberia (fillo), 30–20 a.C. Arshak II de Iberia (fillo), 20 a.C.–d.C. 1
Terceiro intervalo Pharsman I de Iberia, 1–58 Mihdrat I de Iberia (fillo), 58–106 Amazasp I de Iberia (fillo), 106–116 Pharsman II de Iberia (fillo), 116–132 Radamisto de Iberia (fillo), 132–135 Pharsman III de Iberia (fillo), 135–185 Amazasp II de Iberia (fillo), 185–189
Notes
Véxase tamén Referencias Suny, Ronald Grigor (1994), The Making of the Georgian Nation: 2nd edition. Indiana University Press, ISBN 0-253-20915-3 Rapp, Stephen H. (2003), Studies In Medieval Georgian Historiography: Early Texts And Eurasian Contexts. Peeters Bvba ISBN 90-429-1318-5. Toumanoff, Cyril (1963), Studies in Christian Caucasian History. Georgetown University Press. Melikishvili, Giorgi e Lordkipanidze, Otar (ed., 1989). Очерки истории Грузии (Estudos na historia de Xeorxia), Vol. 1: Грузия с древнейших времен до IV в.н.э. (Xeorxia desde o comezo do século IV d.C.). Metsniereba, ISBN 5-520-00498-6.
Categoría:Dinastía Pharnavaziana