San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Xeografía En Santa Comba están os montes Candeiro e San Sadurniño e un pequeno outeiro denominado Monte do Castro con algúns restos da súa antiga fortificación.

Patrimonio Nas súas proximidades poden verse dúas mámoas. A igrexa parroquial foi construída no século XVIII.

A casa de Quintela ou dos Arias conserva a solaina, a capela e o hórreo, ademais dun escudo no que se adiviña unha torre, un león rampante e unhas barras. Foi fundada polo escribán Alonso de Lodeiro, que obtivo carta de fidalguía en 1568.

Festas A festa principal e a do Ecce Homo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa Comba

Parroquias de Agolada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada

Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán