Pelayo Mancebo y Agreda, nado en Calahorra (A Rioxa) o 26 de xuño de 1845 e finado en Burgos o 5 de setembro de 1912, foi un enxeñeiro de camiños e político español.

Traxectoria Era fillo de Francisco Mancebo y Medrano e de Micaela Agreda. Obtivo o título de enxeñeiro de camiños en 1868. A súa familia eran grandes propietarios da cidade de Calahorra, e levaron unha política de consolidación matrimonial con outros patrimonios da comarca de La Rioja Baja, como os Rada, os Fernández de Navarrete e os Sáenz de Tejada. Casou con Casilda Igón, coa que tivo un fillo e unha filla, Francisco e Casilda.

Foi deputado nas Cortes Españolas en dúas lexislaturas, entre maio de 1884 e marzo de 1886 nas listas do Partido Conservador e polo distrito de Arnedo, circunscrición de Logroño. O seu fillo, Francisco Mancebo de Igón, foi avogado e deputado tamén polo Partido Conservador entre 1907 e 1910.

O seu proxecto de enxeñería máis famoso foi o da Ponte Internacional que une as vilas fronteirizas de Tui e Valença do Miño. Os pregos orixinais tentaban conciliar as consideracións de índole económica e utilidade, coas consideracións estéticas. Unha mostra da súa sensibilidade artística está no seguinte parágrafo:

A execución final, levada a cabo pola empresa construtora belga Société Anonyme Internationale de Construction et d'Enterprise des Travaux Publics Braine-le-Comte, non seguiu exactamente todas as directrices do proxecto orixinal, en especial no que respecta ao uso de vigas de paredes cheas, en contraposición ás vigas de celosía propostas entusiasticamente por Mancebo, que sendo máis caras que as primeiras, terían como contrapartida un aínda mellor resultado estético.

Notas

Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en Calahorra Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1912