El ministerio del tiempo é unha serie de televisión española de ciencia ficción creada por Pablo Olivares e Javier Olivares e producida por Onza Partners e Cliffhanger para TVE. Estreouse o 24 de febreiro de 2015 en La 1. Está protagonizada por Aura Garrido, Rodolfo Sancho, Cayetana Guillén Cuervo e Nacho Fresneda. A premisa da serie é que un soldado do século XVI, unha muller universitaria do século XIX e un enfermeiro de 2015 son contratados por un ministerio secreto español que posúe unhas portas subterráneas que ao atravesalas permiten viaxar polo tempo.

O 24 de marzo de 2015 TVE confirmou no FesTVal de Murcia que a serie contaría cunha segunda tempada.

Sinopse "El Ministerio del Tiempo" é unha institución gobernamental autónoma e secreta que depende directamente de Presidencia do Goberno de España. Ao igual que nos Estados Unidos gárdanse os segredos e a chave para un posible ataque nuclear de presidente a presidente, o mesmo pasa con este ministerio: só reis, presidentes e un número exclusivo de persoas saben del.

O paso cara a outras épocas realízase a través de portas vixiadas polas patrullas do ministerio. O seu obxectivo: detectar e impedir que calquera intruso do pasado chegue ao noso presente (ou viceversa) co fin de utilizar a Historia para o seu beneficio. Para iso as patrullas terán que viaxar ao pasado e evitar que o logren.

Elenco + Elenco principal de El Ministerio del Tiempo Actor Personaje Temporada 1 2 Rodolfo Sancho Julián Martínez Principal Recorrente Aura Garrido Amelia Folch Principal Nacho Fresneda Alonso de Entrerríos Principal Cayetana Guillén Cuervo Irene Larra Girón Principal Juan Gea Ernesto Jiménez / Tomás de Torquemada Principal Jaime Blanch Salvador Martí Principal Francesca Piñón Angustias Vázquez Principal Natalia Millán Lola Mendieta Recorrente Mar Ulldemolins Maite Recorrente Julián Villagrán Diego Velázquez Recorrente Mar Saura Susana Torres Episódico Recorrente Hugo Silva Jesús Méndez "Pacino" Principal Principais Aura Garrido é Amelia Folch, estudante de finais do século XIX. De familia burguesa acomodada, é unha das primeiras mulleres en ir á Universidade de Barcelona. Intelixente, con memoria fotográfica e traballadora, é o cerebro do comando. Rodolfo Sancho é Julián Martínez, enfermeiro do SAMUR de principios do século XXI. O valor e o seu escaso apego á súa propia vida por salvar as dos demais son as súas maiores cualidades. Nacho Fresneda é Alonso de Entrerríos, soldado dos Terzos de Flandres do século XVI. Ten uns valores moi antigos pero é un home de honra. É o soldado perfecto, experto tirador e estratego e que se pon ao mando da situación cando se require forza. Jaime Blanch é Salvador Martí, o subsecretario de Misións Especiais que despacha co ministro; diplomático de carreira, é contemporáneo e serve como enlace entre o Goberno e o CNI. Cayetana Guillén Cuervo é Irene Larra, nada nos anos 30 do século XX e experta en Recursos Humanos do Ministerio. Juan Gea é Ernesto Jiménez, de quen se descoñece a época na que naceu ata o capítulo 4 no que se sabe que é o pai de Tomás de Torquemada, é dicir, de finais da época medieval. Funcionario serio, solitario e perfeccionista, sempre preocupado pola vida dos seus recrutados en cada misión. Francesca Piñón é Angustias, a secretaria de Salvador. Atenta sempre a todo, a súa seña de identidade é o humor. Os recortes que sufriu no seu soldo pola actual crise económica fanlle botar de menos a súa verdadeira época.

Recorrentes Natalia Millán é Lola Mendieta, unha exaxente do Ministerio á que crían morta en acto de servizo. Facilitou información sobre portas do tempo clandestinas a unha serie de persoas. Julián Villagrán é Diego Velázquez, o pintor de obras como Las meninas que foi recrutado polo Ministerio como debuxante de retratos robot. Mar Ulldemolins é Maite, a defunta muller de Julián á que el intenta visitar a través das portas do tempo. Jimmy Shaw é Paul Walcott, un viaxeiro do tempo americano. Non se coñecen moitos datos sobre el á parte da súa nacionalidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da serie

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Televisión Española