Lino José Martínez Villafínez, coñecido tamén como Lino Villafínez, nado en Marín o 23 de setembro de 1892Rexistro Civil de Marín, tomo 52, páxina 70. e finado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1970El Pueblo Gallego, 11-2-1970, p. 14., foi un pintor galego.
Traxectoria Sexto fillo do carabineiro Bertoldino Martínez e Dolores Villafines, que eran orixinarios de Santa María de Mourente (Pontevedra). Tivo seis irmáns. Foi bautizado na igrexa parroquial de Santa María do Porto o 3 de outubro do ano do seu nacemento. O seu apelido materno, Villafines, acabou co tempo transformado á súa forma castelá. Desde ben cedo, interesouse pola pintura, datándose os seus primeiros cadros sobre 1913, fundamentalmente mariñas.
En 1924, por mediación de Luis Blanco Rivero-de Aguilar, trasladouse a Santiago de Compostela, onde desenvolveu case toda a súa actividade pictórica. Comezou a traballar como subalterno (enfermeiro e debuxante de quirófano) no Hospital Provincial de Santiago. Durante esta etapa inicial tivo trato con Mariano Tito Vázquez, Francisco Asorey, Castelao, Roberto González del Blanco e Enrique Mayer.
Subvencionado pola Deputación de Pontevedra en 1926, 1929 e 1930, e cunha bolsa de viaxe en 1931, marchou a Madrid, onde alternou a troula coa pintura. en Enciclopedia temática de Galicia, tomo V.- Arte, p. 212 .
Residiu durante tempadas breves en Vigo, en Rianxo (grazas á axuda de Ángel Baltar Cortés, primeiro, e do seu fillo Ramón Baltar Domínguez, posteriormente) e en Neiro, Sabugueira.
Sobre todo na etapa final da súa vida (1945-1970), con problemas co alcohol e numerosas débedas, viuse na obriga de pintar cada vez con maior rapidez, o que derivou na repetición incesante de temas da paisaxe compostelá e a definición que a crítica fixo del de facer pintura en serie.Roberto Qumata: "Miles de gallegos creen tener una obra maestra" El Correo Gallego, 27-7-2007 . Foi enterrado no Cemiterio de BoisacaEl Pueblo Gallego, 12-2-1970, p. 13..
Unha rúa compostelá leva o nome de Pintor Lino Villafínez na súa lembranza.
Vida persoal Casou con María Míguez Dedel (nacida en Sigüeiro) e foi pai do tamén pintor Juan Martínez Míguez, alcumado Vilafíns.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Tomo XLIV (VILAN - Z), voz "VILLAFÍNEZ, Lino", páxina 79. e : Villafínez 1892-1970. Deputación de Pontevedra; 1998. 115 p. ISBN 84-89690-46-4. Catálogo, coa reprodución de 57 obras de Villafínez, dunha exposición celebrada no Museo de Pontevedra comisariada por Xosé Carlos Valle. : Vida y obra del pintor Villafínez, tese.
en Historia del arte gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982, ISBN 84-205-0913-2.
Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes