Os Billetes de Bohemia e Moravia eran o conxunto de billetes imprimidos, cuñados e sobreimpresos durante o establecemento do Protectorado de Bohemia e Moravia por parte da Alemaña Nazi, o cal estivo vixente dende o ano 1939 ó ano 1945, durante este protectorado foi establecida unha nova moeda, a coroa do protectorado de Bohemia e Moravia, coñecida tamén coma a Coroa do Protectorado (en checo: Protektorátní koruna), que sería a súa moeda oficial, a cal estaba subdividida en 100 haléřů.
Emisión dos billetes Os billetes da R. de Checoslovaquia de 1 e 5 korun foron selados cun cuño circular coa lenda en alemán "Protektorat Böhmen und Mähren" na parte superior do círculo, e na parte inferior seguía coa lenda (esta vez en checo) "Protektorát Čechy a Morava", a partir do 9 de febreiro de 1940 comezaría a emisión de billetes ordinarios. Despois do selado inicial, o goberno fixo tiradas regulares de 1, 5, 50 e 100 korun no ano 1940, 10 korun no 1942, e 20 e 50 korun en 1944. O Nationalbank für Böhmen und Mähren en Praga (Banco Nacional de Bohemia e Moravia en Praga) introduciu billetes de 500 e 1000 korun no ano 1942, e xa no ano 1943 introduciría billetes checoslovacos de 5000 korun sobreimpresos. A partir de 1944, o Banco Nacional imprimiría billetes ordinarios de 5000 korun.
Táboa completa dos billetes de Bohemia e Moravia
Período EmisiónValor Data ImaxeComentarios<center>Protectorado deBohemia e MoraviaCuhaj, 2012, p. 125–26.Emisión Provisional de 1939 11 Koruna1939SD (1939) 175px 55 Korun1939SD (1939) 175pxJungmannEmisión de 19401 1 Koruna1940SD (1940) 175px 55 Korun1940SD (1940)175px50 50 Korun19401940 175px100100 Korun19401940 175pxCastelo de Praga e Ponte de CarlosEmisión de 1942–441010 Korun19421942 175px20 20 Korun19441944175px50 50 Korun19441944175px<center>Banco Nacional deBohemia e MoraviaEmisión de 1942–44 500500 Korun19421942Brandl 10001000 Korun19421942 175pxParler5000 5000 Korun19431943175pxSobreimpreso nun billete checo de 1920 - Specimen 50005000 Korun19441944 San Venceslau
Notas Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Coroa (moeda) Coroa checoslovaca Coroa checa Moedas de Bohemia e Moravia
Ligazóns externas Protectorate banknotes (catálogo, galería e outros detalles)
Categoría:Coroa de Bohemia e Moravia Categoría:Billetes