Carlos Herrero Latorre, nado o 1 de xullo de 1961 en Lugo, é un químico e quimiómetra galego.
Traxectoria Estudou química na Universidade de Santiago de Compostela (1979-1984). Traballou en Pescanova e é profesor da USC desde 1988. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias de Lugo (1994-1995), adxunto ao Vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo (1995-2000), decano da Facultade de Ciencias de Lugo (2000-2002) e Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo (2002-2010). Actualmente é catedrático de Quimica Analítica.
É autor de máis dun cento de artigos científicos e foi investigador principal de máis de 25 proxectos e contratos de investigación con empresas. Entre outras obras publicou Manual práctico de química analítica (1999) con Sagrario García Martín e Rosa M. Peña Crecente. Foi co-fundador da empresa AmsLab (Applied-Mass Spectrometry Laboratory), e en 1998 foi recoñecido coa insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Herrero Latorre en galegos.info
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes