miniatura|"Muller espida". Escultura de Borrajo. Alameda de Ourense.
miniatura|"Encontro cardinal". Escultura que se amosa na avenida Xoán XXIII, de Santiago de Compostela, deseñada por Julio Camba e esculpida por Luís Borrajo en 1998.
Luís Borrajo Vázquez, nado en Ourense en 1950 e finado o 15 de decembro de 2005, foi un escultor galego que levou a cabo toda a súa produción nun estudio situado na localidade ourensá de Vilardevós.
Traxectoria Formado en Madrid na tradición construtivista das vangardas históricas. Nos inicios amosa puntos de encontro cos aceiros de Anthony Caro e Eduardo Chillida. Porén, a partir dos anos 80 comeza a empregar a madeira, creando imaxes e aveños da antropoloxía material do labrego galego. O finais dos anos 80 volve ao aceiro industrial.
Borrajo cultivou especialmente a escultura monumental de obra públicaLa escultura como espacio social . En La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2015.. Del salientaron os críticos o seu rigor técnico no dominio da fundición, o corte e a soldadura dos metais. Cualificárono como "un dos representantes da escultura como construción e espazo social, herdeiro dunha tradición que iría de Malevich a Oteiza e Chillida, pasando por Caro, que incorpora o aceiro industrial asociado á estrutura xeométrica da madeira"Castro, Antón. Proxecto editorial Galicia. Hércules Ediciones. A Coruña.. Salienta o interese de Borrajo polo concepto espacial e a pluralidade de ángulos, o achegamento e o acoplamento de láminas de aceiro oxidado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fernández Cid, Miguel; Castro, Xosé A. Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia, 1992. Catálogo de exposición. Ligazóns externas Fallece el escultor ourensano Luis Borrajo, autor de importantes obras públicas y privadas. La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2005. Gallego Esperanza, Mercedes. Las esculturas de Luís Borrajo. En www.mercedesgallego.es
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2005