San Vicenzo de Curtis é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Vilasantar. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 230 habitantes (135 homes e 95 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 340 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.
miniatura|San Vicenzo de Curtis no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|San Vicenzo de Curtis no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).
Toponimia O topónimo Curtis proviría, con seguranza, de cohortis, isto é, da lexión que había no campamento romano da Ciadella, na contigua parroquia da Ciadella. De feito, antigamente facíase referencia á Ciadella coma Cidadelie de Curtis.Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Ademais, hai tamén outra parroquia contigua á Ciadella con igual topónimo: Santaia de Curtis.
Outra teoría máis improbábel é que procedese do oficio de curtidor de peles, presente antigamente por todo o territorio de Curtis.
Xeografía Situación Está situada no nordeste do concello de Vilasantar e no centro do arciprestado de Sobrado.
Limita ao leste coa parroquia da Ciadella (do concello de Sobrado) e ao norte nun pequeno tramo coa de Curtis (do concello homónimo), converxendo as tres no monte Enxameado. Ademais, confina ao sueste coa de Vilariño, ao suroeste coa de Armental e ao noroeste coa de Fisteus (do concello de Curtis).
center|275px|As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis. Noroeste: Fisteus (Curtis) Norte: Curtis (Curtis) Nordeste: Ciadella (Sobrado) Oeste: Fisteus (Curtis) e Armental 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Ciadella (Sobrado) Suroeste: Armental Sur: Armental e Vilariño Sueste: Vilariño
Historia Na antigüidade, as actuais terras da parroquia de San Vicenzo de Curtis ―xunto coas da Ciadella e de Curtis― formarían parte do Territorium Cohortis, isto é, o territorio xestionado directamente pola Cohors I Celtiberorum asentada no campamento romano da Ciadella. A configuración desta terra ou territorio de Curtis perduraría na Alta Idade Media.
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 65 294 497
Século XIX 1826 1831 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 138Datos coa (ou da) parroquia de Curtis. – 79 57 61 90 – – Habitantes 750 400 400 199 489 493 596 662
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 628 641 616 745 749 736 565 458 430 358 340 325
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 317 309 304 295 283 278 272 268 270 268 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 263 257 256 244 231 239 233 230 221 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Patrimonio A igrexa de San Vicenzo de Curtis é unha construción de pequeno tamaño, cunha nave de planta rectangular. Os muros están realizados en cadeirado de granito. A espadana posúe unhas equilibradas proporcións decorativas.
Lugares e parroquias Lugares de San Vicenzo de Curtis
Parroquias de Vilasantar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilasantar
Categoría:Parroquias de Vilasantar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía