Henrique Neira Pereira, nado en Caracas (Venezuela) no 1973, é un xornalista, escritor, historiador, debuxante e investigador galego. É irmán do tamén escritor Xerardo Neira. Traxectoria Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, de cuxos grupos de investigación é un membro activo. A súa tese de doutoramento intitulouse Música popular e sociedade no Val do Ulla de 1920 a 1936: unha visión analítica desde a prensa comarcal (USC, 2016). Traballou no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

Formou parte da redacción dos xornais El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe, e colaborou na redacción das voces relacionadas coa Informática e Internet na Enciclopedia Galega Universal (tomos 1-16, Ir Indo, 1999-2006). É un dos redactores de Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia.

Conxuntamente co seu irmán, Xerardo Neira Pereira, publicou en 2019 o Vocabulario Ullao-Ghalegho.

Tamén no 2019, foi galardoado co Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela polos artigos publicados na revista Código Cero.

En xuño do 2023, pola obra Do aritmómetro á computación cuántica, outorgóuselle o Premio Vicente Risco de ciencias sociais , que recolleu en decembro en Allariz, vila onde está soterrado o famoso membro da Xeración Nós .

ObraBibliografía completa, neira.es. A presente bibliografía é unha escolma parcial. Para o CV completo e actualizado, véxase Iacobus.usc.es. Vedra. Da Prehistoria a 1900, 2001. Internet: Navegar desde Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2005. San Paio de Sabugueira. A parroquia compostelá da Lavacolla, 2005. Libros galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2006. Vedra. Da Prehistoria ós inicios do século XX, 2007. Santiago de Gres. Historia e cultura dunha parroquia entre o Ulla e o Deza, 2009. Terra, festas e música popular. Pequenas historias de Vedra de 1891 a 1900, 2013. Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia, Andavira, 2013. Noticias da Lavacolla. Dos arrieiros de 1850 ós ómnibus de 1909, 2014. Ortigueira & Portamérica. Dúas propostas musicais atlánticas desde Galicia para o mundo, Andavira, 2014. Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía, Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, 2015. Ulla oralmente, Asociación Raiceiros, 2020 Como atopar libros galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, Grupo Código Cero Comunicación, 2020. Século bo luces, Medulia Editorial, 2021. Vedra. Unha historia visual, Concello de Vedra, 2021.

Obras colectivas Dezasete x dezasete. Galicia e a súa cultura e historia, 1997. O labirinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación, 1998. E bañar-nos-emos nas ondas, 1998. Ligazóns 2000, 1999. Manual de estilo. O Correo Galego, 2001. O Val do Ulla. Unha comarca natural, 2006. Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana, 2008. Coplas Ulláns, 2010. Cántigas da Ulla, 2010. Historia do Concello da Enfesta, 2011. Corrente abaixo, un percorrido de ensoño. Rutas polos ríos Ulla, Tambre e Xallas, 2011. Corriente abajo, un recorrido de ensueño, Rutas por los ríos Ulla, Tambre y Xallas, 2011. Downstream, a journey to dream of. Trails by the rivers Ulla, Tambre and Xallas, 2011. Xosé Mosquera Pérez. O Vello dos Contos, Asociación de Veciños Ruta Xacobea, 2012. As pontes do río Ulla. Natureza e cultura, 2013. Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia, 2013. Ortigueira & Portamérica. Dúas propostas musicais atlánticas desde Galicia para o mundo, 2014. Sarandón: anacos de historia, 2014. Mercado de Abastos. Santiago de Compostela, 2014 (en coautoría con Miguel Seoane García). O lendario río Ulla. Viaxe desde A Ulloa á ría da Arousa, Xurdir, 2014 (en coautoría con Miguel Seoane García). Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Premios

2019. Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela 2023. Premio Vicente Risco de ciencias sociais por Do aritmómetro á computación cuántica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grupos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Guía AGPI 2011 Ilustración. Corrente abaixo: un percorrido de ensoño Downstream, a journey to dream of. Trails by the rivers Ulla, Tambre and Xallas ''Historia da informática en Galicia: unha cronoloxía Libros galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1973