O Gran Premio do Reino Unido de 1983 (oficialmente o XXXVI Marlboro British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1983 no circuíto de Circuíto de Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena carreira do Campionato do Mundo da tempada de , disputada sobre 67 voltas.
Resumo da carreira
A cualificación viu aos Ferrari copando a primeira fila con René Arnoux que bateu a Patrick Tambay por máis de 0,6 segundos. O líder do campionato Alain Prost co Renault foi terceiro, con Elio de Angelis co Lotus xunto a el na segunda fila. Os dous Brabham formaron a terceira fila con Riccardo Patrese diante de Nelson Piquet, mentres que na cuarta fila estaban Eddie Cheever no segundo Renault e Manfred Winkelhock no ATS. Completando os dez primeiros estaban Andrea de Cesaris no Alfa Romeo e Derek Warwick no Toleman. Máis abaixo na grella, o equipo Spirit co seu Honda con motor turbo fixo un impresionante debut con Stefan Johansson décimo cuarto clasificado, por diante de ambos McLarens e só un posto por detrás do vixente Campión do Mundo Keke Rosberg no Williams.
Ao comezo da carreira, Tambay superou a Arnoux, mentres que de Angelis retirouse pronto co turbo roto. O motor de Cheever fallou dúas voltas máis tarde, mentres que Johansson retirouse na volta 5 con problemas no sistema de combustible. Cando o turbo de Patrese rompeu na volta 9, Piquet quedou no cuarto lugar detrás dos Ferrari e Prost, con de Cesaris quinto e Winkelhock sexto. Prost superou a Arnoux na volta 14, seguido de Piquet cinco voltas máis tarde. Logo, na volta 20, Prost pasou a Tambay e púxose líder, Piquet situouse segundo na volta 31. Nas últimas etapas da carreira, o motor de Winkelhock fallou e de Cesaris caeu detrás do seu compañeiro Mauro Baldi, mentres que Nigel Mansell, que cualificara 18º no segundo Lotus, fixo unha gran remontada, e pasou a Arnoux na volta 48 para poñerse 4º. Na bandeira a cadros, Prost estaba 19 segundos por diante de Piquet con Tambay, Mansell, Arnoux e Niki Lauda completando os seis primeiros.
No campionato de pilotos, Prost duplicou a súa vantaxe sobre Piquet a seis puntos, con Tambay dous puntos máis atrás. Renault logrou o liderado absoluto do Campionato de Construtores, tres puntos por diante de Ferrari.
Clasificación Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 28 René Arnoux Ferrari1:10.4361:09.462 — 2 27 Patrick Tambay Ferrari1:10.8741:10.104 +0.642 3 15 Alain Prost Renault1:10.1701:10.808 +0.708 4 11 Elio de Angelis Lotus-Renault1:10.7711:11.114 +1.309 5 6 Riccardo Patrese Brabham-BMW1:11.2461:10.881 +1.419 6 5 Nelson Piquet Brabham-BMW1:11.0981:10.933 +1.471 7 16 Eddie Cheever Renault1:11.0551:11.520 +1.593 8 9 Manfred Winkelhock ATS-BMW1:13.4931:11.687 +2.225 9 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo1:13.1631:12.150 +2.688 10 35 Derek Warwick Toleman-Hart1:12.5281:12.541 +3.066 11 23 Mauro Baldi Alfa Romeo1:14.0061:12.860 +3.398 12 36 Bruno Giacomelli Toleman-Hart1:13.7921:13.422 +3.960 13 1 Keke Rosberg Williams-Ford1:13.755 — +4.293 14 40 Stefan Johansson Spirit-Honda1:15.5351:13.962 +4.500 15 8 Niki Lauda McLaren-Ford1:14.2671:15.118 +4.805 16 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford1:14.6511:14.970 +5.189 17 30 Thierry Boutsen Arrows-Ford1:14.9641:15.686 +5.502 18 12 Nigel Mansell Lotus-Renault1:16.3771:15.133 +5.671 19 29 Marc Surer Arrows-Ford1:15.1351:15.350 +5.673 20 2 Jacques Laffite Williams-Ford1:15.2341:16.762 +5.772 21 33 Roberto Guerrero Theodore-Ford1:15.4411:15.317 +5.855 22 26 Raul Boesel Ligier-Ford1:15.3861:16.134 +5.924 23 4 Danny Sullivan Tyrrell-Ford1:15.4491:16.347 +5.987 24 7 John Watson McLaren-Ford1:15.6091:16.091 +6.147 25 25 Jean-Pierre Jarier Ligier-Ford1:15.383†1:15.767 +6.305 26 32 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo1:17.1621:16.544 +7.082 27 34 Johnny Cecotto Theodore-Ford1:16.7141:16.786 +7.252 28 31 Corrado Fabi Osella-Alfa Romeo1:20.4001:17.594 +8.132 29 17 Kenny Acheson RAM-Ford1:19.2671:18.103 +8.641
† — Tempo anulado.
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 15 Alain Prost Renault 67 1:24:39.780 3 9 2 5 Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 19.161 6 6 3 27 Patrick Tambay Ferrari 67 + 26.246 2 4 4 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 67 + 38.952 18 3 5 28 René Arnoux Ferrari 67 + 58.874 1 2 6 8 Niki Lauda McLaren-Ford 66 + 1 Lap 15 1 7 23 Mauro Baldi Alfa Romeo 66 + 1 volta 11 8 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 66 + 1 volta 9 9 7 John Watson McLaren-Ford 66 + 1 volta 24 10 25 Jean-Pierre Jarier Ligier-Ford 65 + 2 voltas 25 11 1 Keke Rosberg Williams-Ford 65 + 2 voltas 13 12 2 Jacques Laffite Williams-Ford 65 + 2 voltas 20 13 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 65 + 2 voltas 16 14 4 Danny Sullivan Tyrrell-Ford 65 + 2 voltas 23 15 30 Thierry Boutsen Arrows-Ford 65 + 2 voltas 17 16 33 Roberto Guerrero Theodore-Ford 64 + 3 voltas 21 17 29 Marc Surer Arrows-Ford 64 + 3 voltas 19 Ret 9 Manfred Winkelhock ATS-BMW 49 Motor 8 Ret 26 Raul Boesel Ligier-Ford 48 Suspensión 22 Ret 32 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 46 Sistema combustible 26 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 27 Caixa de cambios 10 Ret 6 Riccardo Patrese Brabham-BMW 9 Turbo 5 Ret 40 Stefan Johansson Spirit-Honda 5 Sistema combustible 14 Ret 16 Eddie Cheever Renault 3 Motor 7 Ret 36 Bruno Giacomelli Toleman-Hart 3 Turbo 12 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1 Turbo 4 NSC 34 Johnny Cecotto Theodore-Ford NSC 31 Corrado Fabi Osella-Alfa Romeo NSC 17 Kenny Acheson RAM-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 39 2 Nelson Piquet 33 3 Patrick Tambay 31 4 Keke Rosberg 25 5 René Arnoux 19
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Renault 53 2 Ferrari 50 3 Williams-Ford 35 4 Brabham-BMW 33 5 McLaren-Ford 27
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Véxase tamén
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1983 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1