Raef Andrew LaFrentz, nado o 29 de maio de 1976, en Hampton, Iowa, foi un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xogou 10 tempadas na National Basketball Association (NBA) dende 1998 até 2009, sendo o seu último equipo os Portland Trail Blazers.

Traxectoria profesional LaFrentz foi seleccionado na 3ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Denver Nuggets. Na súa tempada coma rookie, tan só xogou 12 partidos debido a unha lesión no seu xeonllo esquerdo producida contra os Dallas Mavericks o 25 de febreiro de 1999. Na seguinte tempada, acadou 12.4 puntos, 7.9 rebotes e 2.2 tapóns por encontro en 81 partidos disputados. No ano 2000 xogou cos sophomores o NBA All-Star Weekend Rookie Challenge.

O 21 de febreiro de 2002, foi traspasado xunto a Nick Van Exel, Avery Johnson e Tariq Abdul-Wahad ós Dallas Mavericks, a cambio de Juwan Howard, Donnell Harvey, Tim Hardaway e unha elección da primeira rolda do Draft de 2001.

O 20 de outubro de 2003, foi traspasado xunto a Chris Mills, Jiri Welsch e unha elección da primeira rolda do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Tony Delk e Antoine Walker.

O 28 de xuño de 2006, os Celtics traspasaron a LaFrentz, Dan Dickau e sétima elección do Draft de 2006 ós Portland Trail Blazers, a cambio de Theo Ratliff e Sebastian Telfair.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto