miniatura|Mandarinas. miniatura|Mandarinas. A mandarina é un hesperidio, froito da mandarineiraDefinición da árbore en Portal das Palabras da RAG.. Pénsase que o seu nome se debe debe á súa orixe asiática e á cor dos traxes dos mandaríns da antiga China. A pel de cor amarela viva ou alaranxada é delgada, rugosa e facilmente separábel da polpa. Está dividida en 10 esgallos e o seu sabor é agradábel e doce.
Aínda que ten unha menor cantidade de vitamina C que outros cítricos, presenta máis cantidade de carotenoides na súa composición, o cal lle proporciona unha importante actividade antioxidante.
Os seus tipos son: Clementinas (Citrus reticulata): máis serodias, de menor tamaño e mellor calidade no gusto. Conteñen pebidas. Satsumas (Citrus unshiu): as máis precoces, cuns froitos de maior e peor calidade gustativa. Non teñen pebida. Outros: híbridos, ornamentais, mandarineira cleopatra, Citroyer etc.
A mandarina é coñecida polo seu efecto diurético, dixestivo e aumento na eficiencia física. Tamén está indicada nas hipertensións arteriais e na prevención da arterioesclerose.
Principais produtores Xapón: 2,3 m t España: 1,2 m t Brasil: 0,46 m t Notas
Véxase tamén
Outros artigos Clementina
Categoría:Froitas Categoría:Cítricos