O balneario de Sousas é un balneario situado na vila Verín, a unha altura de 381 metros sobre o nivel do mar. A auga do manancial de Sousas brota entre rochas graníticas, a unha temperatura de 19 °C.
Funciona dende 1859. Un pequeno e sinxelo quiosco de 1892, con reformas posteriores, permite o consumo das augas no mesmo manancial. Conta cunha área contigua axardinada e de descanso, a carón da planta de envasado.
Véxase tamén Outros artigos Balnearios de Galicia Ligazóns externas http://www.aguasdesousas.com https://web.archive.org/web/20150227174022/http://www.balneariosdegalicia.gal/balnearios/balneario-de-sousas.html
Sousas Categoría:Verín Categoría:Verín sen imaxes