San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.381 habitantes (689 homes e 692 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.317 habitantes. Ten unha superficie de 6,8 km², cunha densidade de poboación é de 193,67 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

miniatura|esquerda|Igrexa parroquial de San Vicente.

Patrimonio A igrexa de San Vicente de Meirás é un pequeno templo de planta rectangular cunha soa nave, dúas capelas laterais, presbiterio e sancristía, que destaca pola súa torre campanario de planta cadrada sita no centro da súa fachada principal e rematada en forma piramidal. O seu elemento de maior interese é o retablo gótico do seu altar maior.

É de destacar tamén o castro de Castrillón, o que fora a localización das baterías de costa no alto do monte da Vela en Montefaro, e o moderno faro de Punta Frouxeira.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Meirás

Parroquias de Valdoviño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Faro de Punta Frouxeira Castro de Castrillón Praia do Río Lugares de Valdoviño

Categoría:Parroquias de Valdoviño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente