Carmen Méndez, nada en Neira de Rei, Baralla, en 1979, é unha actriz galega.
Traxectoria Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal) (Sección Televisión).
En televisión traballou na serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes principais da serie da TVG Saudade de ti.
En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Filmografía
Cine +AnoTítuloDirector/aPersonaxe2023Asteroid CityWes AndersonSeminar Actor2021TresJuanjo Giménez PeñaNeuróloga2020María SolinhaIgnacio VilarAna de Castro2018Bad InvestigateLuis IsmaelMaría2016PelerinaxesSimone SaibeneLuzía Series de televisión +Ano/sSerieCanalPersonaxeNotas2022-2023Saudade de tiTVGMónica120 capítulos2022ÉliteNetflixAvogada1 capítulo2020-2021Auga SecaRtp1 e TVGMagdalena14 capítulos2014-2018Pazo de familiaTVGRita103 capítulos2018SerramouraTVGBerta2 capítulos2014O FaroTVGXuíza1 capítulo2013Inseguridad SocialPiloto TVIria1 capítulo2013A MilagrosaPiloto TVIria1 capítulo
Curtametraxes +AnoTítuloDirector/a2023MussolJuanjo Giménez Peña2019MalcavadaAntonio Mourelos2018El rastro del cazadorDavid Salgado2015La fiestaSimone Saibene2014Action PaintingOlalla Méndez2014Nadie la veCarla Nimo2013Las cartas vienen de ParísAlicia Rodríguez, Hadrián Rodríguez e Lucía Rodríguez2013Pompas de xabónStefan Varela2009MuñecasRosa Márquez
Teatro
2023-Act: As R(h)umorosas, espectáculo de humor de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro. 2021: Sen restricións. Dir. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro. 2019: Outras Químicas (monólogo). Dir. Carmen Méndez 2013: Escenas Chejovianas. Dir. Carlos Villarino. 2013: As marxes da desgraza. Dir. Santiago Cortegoso. 2013: Fin de Trayecto. Dir. Carlos Villarino. 2008: Vinum Sabatti. Dir. Gretha Omey. 2005: La felicidad completa. Dir. Antonius Bloc.
Premios
Premios Mestre Mateo +AnoCategoríaPelícula/SerieResultado2017Mellor actriz secundariaPazo de FamiliaNomeada2016Mellor actriz secundariaPazo de FamiliaNomeada
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Videobook de Carmen Méndez. Vimeo "Carmen Méndez, actriz: “Téñolle especial cariño á comarca dos Ancares e sempre defendo o Lugo interior”" Lugo Xornal, 4/7/2019.
Categoría:Actores de Baralla Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Baralla