Minotaur 2 foi o nome dun foguete espacial suborbital dos Estados Unidos propulsado en tódalas súas etapas por propelente sólido e producido pola empresa Orbital Sciences. As tres etapas do foguete derivan do mísil balístico intercontinental retirado Minuteman 2. Foi usado exclusivamente en lanzamentos suborbitais, principalmente para despregar obxectivos en prácticas de defensa contra ataques de mísiles.
Dos seis lanzamentos feitos polo Minotaur 2, todos foron exitosos. O foguete non estaba dispoñible para uso comercial e tódolos lanzamentos foron gobernamentais e feitos desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 1 28 de maio de 2000 Base Vandenberg Demostrador TLV (Target Launch Vehicle) Éxito. Primeiro voo do Minotaur 2. 2 4 de decembro de 2001 Base Vandenberg Obxectivo IFT 7 Éxito 3 16 de marzo de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 8 Éxito 4 15 de outubro de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 9 Éxito 5 11 de decembro de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 10 Éxito 6 21 de marzo de 2007 Base Vandenberg Obxectivo SBX Éxito Último voo dun Minotaur 2
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Minotaur 1 Minotaur 4 Minotaur 5
Categoría:Foguetes espaciais