Os Syrniki (en lingua rusa: Сырники, ; ) é un prato típico da cociña rusa que se elabora como blinis (unha especie de chulas ou filloas) emprega queixo quark. Adoita empregarse coma decoración smetana (crema aceda), marmelada, mel, compota de mazá, ou froitas do bosque. Nalgunhas ocasións engádense pasas. Na cociña rusa coñécese a miúdo coma tvorozhniki (творо́жники).
Características O syrniki faise de queixo fresco graxo que se mestura con fariña ovo e azucre. Nalgunhas ocasións engádese vainilla. En moitos casos a mestura da masa de soporte frítese en aceite vexetal. A idea é que a codia do blini (chula) sexa crocante. Adoita comerse nos almorzos e sobremesas. A súa simplicidade e os seus ingredientes fai que sexa moi popular nos países de Europa do Leste. A denominación syrniki deriva da verba сыр que en ruso (que se translitera como: syr), significa "queixo". Polo tanto a palabra syrniki, sería algo como queixada (filloa de queixo).thumb|Syrniki|centro Notas
Véxase tamén
Pierogi Varéniki Quarkkäulchen Chula
Categoría:Gastronomía de Rusia Categoría:Gastronomía de Ucraína Categoría:Sobremesas Categoría:Pratos de ovos Categoría:Pans planos