A tempada 2014-2015 da División de Honra da liga española de rugby foi a 48ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 13 de setembro de 2014, e contou con 22 xornadas de liga regular que deron paso á fase de eliminatorias polo título. A final disputouse o 31 de maio de 2015 nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid, e nela enfrontáronse o VRAC e a Santboiana, gañando o equipo local por 19-8, acadando dese xeito o seu cuarto título de liga seguido, sexto do seu palmarés. Formato O torneo estivo composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular constou de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontouse cos restantes 11, e na segunda volta repetiu os enfrontamentos, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputaron a fase final. A fase final constou de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontáronse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardaron en semifinais polos seus rivais. A final disputouse no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.
O descenso de categoría foille imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo tivo a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.
Clasificación A liga regular comezou oficialmente o 13 de setembro de 2014. A seguinte táboa amosa a clasificación da liga regular:
Máximos anotadores
Anotadores de puntos Con 191 puntos: Sam Katz (CR El Salvador)
Con 179 puntos: Miguel Jiménez (CR Cisneros)
Con 177 puntos: Tapu Apikotoa (UE Santboiana)
Anotadores de ensaios Con 14 ensaios: Nil Baró (UE Santboiana)
Con 13 ensaios: Maka Tatafu (Vigo RC)
Con 12 ensaios: Joan Losada (FC Barcelona)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación Española de Rugby
Categoría:Rugby en 2015 Categoría:División de Honra de Rugby