Enténdese por desenlace o final dunha obra narrativa, teatral, cinematográfica etc. Constitúeno os acontecementos que seguen ao clímax principal do argumento ou ao desenredo ou aclaración das complicacións do final.
Tipos de desenlaces Terminantes: O problema queda resolto. Problemáticos: O problema segue sen se resolver. Dilemáticos: O problema ofrece dúas solucións: o lector é libre para elixir a que se lle antolle máis verosímil pero non pode estar seguro de cal é a verdadeira. Promisorios: Suxírense, sen especificar, posibles continuacións. Invertidos: O protagonista ó final toma unha actitude oposta á inicial. Sorpresivos. O narrador engana o lector e nas últimas liñas desengánao de forma inesperada.
Categoría:Crítica literaria
en:Dramatic structure#Dénouement, resolution, or catastrophe