José María Sánchez Brea, nado en San Pedro de Ancorados (A Estrada) o 15 de maio de 1888 e finado no mesmo concello o 24 de abril de 1949, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba, onde publicou a noveliña La caída de un cacique e dirixiu o periódico Ideal Gallego. Retornou á Estrada e na Segunda República foi membro da Comisión de Prensa do Centro de Emigrados e secretario da Federación Agraria. Dirixiu os periódicos La Vanguardia e El Emigrado. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros. miniatura|left|La caída de un cacique. Obras

La caída de un cacique, 1922.Subtitulada: Nnovela de la vida real, interpretando las veraces tramas políticas rastreras y el despertar de los pueblos oprimidos.

Vida persoal Casou na Habana con Josefa Albertí.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Igrexas, Manuel: "A caída dun cacique" (4/2/2015) en Historias de Deza.

Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1949