Bosnia e Hercegovina realizou o seu debut como país soberano no Festival de Eurovisión 1993, e competiu cada ano dende entón, a excepción das edicións de 1998 e 2000 e debido á crise económica en 2013, 2014 e 2015.

Nun total de 6 veces, quedou dentro do TOP-10 na gran final e sempre clasificouse á final.

Anteriormente participou como membro da República Federal de Iugoslavia.

Momentos emotivos Debido á Guerra de Bosnia, unha situación moi conflitiva do país en 1993, pensábase que Bosnia non sería capaz de emitir os seus votos polas dificultades de comunicación. Porén, cando tivo lugar a súa quenda púidose ouvir, con interferencias: "Hello Millstreet, this is Sarajevo calling" (Ola Millstreet, chamando dende Saraxevo), o cal xerou un aplauso memorábel por parte do público.

Así mesmo ao ano seguinte no festival de 1994 levouse a cabo a primeira conexión por satélite cos portavoces dos xurados, polo cal estes saían en pantalla. Cando se viu a portavoz bosníaca saudando "Bonsoir Dublin, ici Sarajevo" (Boas noites Dublín, aquí Saraxevo) o público e os presentadores do certame comezaron a aplaudir.

Participacións

Ano Sede Artista Título Final Pts Semifinal Pts 1993 Millstreet Fazla "Sva bol svijeta" 16 27 02 52 1994 Dublín Alma e Dejan "Ostani kraj mene" 15 39 1995 Dublín Davor Popović "Dvadeset prvi vijek" 19 14 1996 Oslo Amila Glamočak "Za našu ljubav" 22 13 21 29 1997 Dublín Alma Čardžić "Goodbye" 18 22 1998 Birmingham Non participou 1999 Xerusalén Dino Merlin e Beatrice Poulot "Putnici" 7 86 2000 Estocolmo Non participou 2001 Copenhaguen Nino Pršeš "Hano" 14 29 2002 Tallin Maja Tatić "Na jastuku za dvoje" 15 33 2003 Riga Mija Martina "Ne brini" 16 27 2004 Istanbul Deen "In the Disco" 9 91 07 133 2005 Kíiv Feminnem "Call me" 14 79 20px 20px 2006 Atenas Hari Mata Hari "Lejla" 3 229 02 267 2007 Helsinqui Marija Šestić "Rijeka bez imena" 11 106 20px 20px 2008 Belgrado Laka "Pokušaj" 10 110 09 72 2009 Moscova Regina "Bistra voda" 9 106 03 125 2010 Oslo Vukašin Brajić "Thunder and lightning" 17 51 08 59 2011 Düsseldorf Dino Merlin "Love in Rewind" 6 125 05 109 2012 Bakú Maya Sar "Korake ti znam" 18 55 06 77 2013 Malmö Non participou 2014 Copenhaguen Non participou 2015 Viena Non participou 2016 Estocolmo Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner ''Lujbav Je'' 17x17px 17x17px 11 104

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Bosnia e Hercegovina