Kobanî (en kurdo setentrional; en ; en , "Ain al-"Arab) é unha cidade da gobernación de Alepo, na Siria setentrional, na fronteira con Turquía. Como consecuencia da guerra civil siria, a cidade estivo baixo control da milicia kurda das Unidades de Protección Popular dende 2012, e foi asediada polo Estado Islámico a partir do outono de 2014.
Antes da guerra tiña unha poboación de arredor de 45.000 habitantes, a maioría deles kurdos, e con minorías árabe, turcomena e armenia.
Categoría:Cidades de Siria