miniatura|300px|Palacio Táuride, sede da Asemblea. A Asemblea Constituínte Panrusa () foi un corpo constitucional democraticamente elixido, que se constituíu en Rusia logo da Revolución de Outubro de 1917.

Malia as promesas do Goberno Provisional Ruso, os preparativos para as eleccións foron lentos e as datas para as votacións atrasáronse en varias ocasións. Para cando finalmente estas tiveron lugar, o Goberno provisional fora derrocado polos bolxeviques.

Reuniuse ao longo de 13 horas, desde as 4 da tarde do 5 de xaneiro ata as 4 da mañá do , e foi elixida e disolta polo Goberno bolxevique, é dicir, o Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom.

Orixes miniatura|250px|Domingo Sanguento, 1905. A convocatoria dunha Asemblea Constituínte elixida democraticamente que redactase unha Constitución e a forma de goberno do país foi unha das principais esixencias de todos os partidos liberais e socialistas durante a anterior Revolución rusa de 1905.Wade (2000), p. 277 Logo desta revolución, o réxime tsarista decidiu garantir as liberdades civís básicas e convocar eleccións para o novo corpo lexislativo creado en 1906, a Duma estatal. A Duma, con todo, non estaba autorizada para redactar unha nova Constitución, e moito menos para abolir a monarquía. Ademais, os poderes da Duma caeron en mans dos Demócratas Constitucionais (KD ou kadetes) e non nas dos socialistas marxistas. O Goberno disolveu a Duma por un acordo legal en xullo de 1906, logo dunhas novas eleccións en 1907. A lei de eleccións final, escrita polo Goberno logo da segunda disolución o 3 de xuño de 1907, favoreceu ás clases privilexiadas e restrinxiu o sufraxio dos pobres e as clases traballadoras. Pouco puido facer a Duma logo de 1907, que repetidas veces foi vetada polo tsar Nicolao II ou pola Cámara alta do Parlamento ruso. A Duma non puido debater a formación dunha Asemblea Constituínte que sería elixida por sufraxio universal continuaban sen debaterse.

Resultado das eleccións

Tras sucesivos atrasos e celebrándose ao longo de varios mesesRadkey (1990), p. 5 (aínda que as votacións principais tiveron lugar entre o e o ), as eleccións á Asemblea resultaron nunha gran vitoria para os socialrevolucionarios. Obtiveron unha maioría tanto dos votos dos electores como de escanos, mentres que os bolxeviques lograron pouco menos dun cuarto dos sufraxios.Radkey (1990), p. 16 Aínda que non se chegaron a coñecer os datos completos da elección, os socialrevolucionarios conseguiron arredor de 440 escanos dos 800 teóricos e dos arredor de 700 elixidos finalmente.

Os bolxeviques dubidaron sobre a conveniencia de levar a cabo as votacións unha vez no poder e LeninWade (2000), p. 278 defendera con vehemencia a conveniencia de pospoñelas.Chamberlin (1976), p. 365 Habendo criticado duramente a Goberno provisional polos continuos atrasos, a maioría dos dirixentes bolxeviques mostrouse favorable, polo contrario, a manter a data prevista para as eleccións. Aínda así, o partido suscitouse xa antes das votacións a disolución pola forza da Asemblea si esta acababa opoñéndose ao Goberno soviético.

Cos datos recollidos nos sucesivos estudos dos resultados parciais, a elección da Asemblea Constituínte deu os seguintes resultados:

PartidoVotosNúmero de deputadosSocialistas Revolucionarios (esery)17 100 000380Bolxeviques9 800 000168Menxeviques1 360 00018Demócratas Constitucionais (kadetes)2 000 00017Minorías77Social-Revolucionarios de esquerda39Socialistas Populares (enesy)4Total:41 700 000703Ver Oliver H. Radkey. Russia Goes to the Polls: The Election to the All-Russian Constituent Assembly, 1917 (en galego, Rusia vai ás Urnas: A Elección da Asemblea Constituínte de Todas as Rusias, 1917), Ithaca, Cornell University Press, 1989, ISBN 0-8014-2360-0 xxvi, 171 p.

Porén, debido ao tamaño do país, o transcurso da primeira guerra mundial e a deterioración do sistema de comunicacións, o resultado non estivo totalmente dispoñible a tempo. O primeiro reconto parcial (54 constituíntes de 79) foi publicado polo socialrevolucionario N.V. Svyatitsky“Os anos da Revolución Rusa. 1917-18”, Moscova, Zemlyá i Volya Publishers, 1918. Os datos de Svyatitsky son polo xeral aceptados por todos os partidos políticos, incluíndo os bolxeviques,Ver V. I. Lenin. Las Elecciones a la Asamblea Constituyente y la Dictadura del Proletariado, decembro de 1919, Obras completas, Volume 30, páxinas 253-275 Progress Publishers, 1965. Dispoñible en online e é como segue:

PartidoIdeoloxíaVotosSocialistas Revolucionarios rusosSocialistas16 500 000BolxeviquesSocialistas9 023 963Ucraínos, Musulmáns, e outros Socialistas Revolucionarios non-rusosSocialistas4 400 000Demócratas Constitucionais (kadetes)Liberais1 856 639MenxeviquesSocialistas668 064MusulmánsRelixiosos576 000Bund XudeuSocialistas550 000Socialistas UcraínosSocialdemócrata507 000Socialistas Populares (enesy) Socialdemócrata 312 000Outros grupos de dereitaDereitista292 000Asociación de Propietarios Rurais e Donos da TerraDereitista215 000BashkiriosÉtnicos195 000PolacosÉtnicos155 000AlemánsÉtnicos130 000Socialdemócratas UcraínosSocialdemócrata95 000CosacosÉtnicos79 000Antigos CrentesRelixioso73 000LetónsÉtnicos67 000Cooperantes Socialdemócrata51 000Socialistas AlemánsSocialdemócrata44 000Yedinstvo Socialdemócrata 25 000Socialistas FinesesSocialdemócrata14 000BielorrusosÉtnicos12 000Total:35 333 666

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Karl Kautsky. La Dictadura del Proletariado (The Dictatorship of the Proletariat), chapter VI, Constituent Assembly and Soviet El Gobierno Provisional Ruso (The Russian Provisional Governments), eds. Robert Browder and Alexander Kerensky, Stanford University Press, 1961, en 3 volúmenes, 1875p.

Ariadna Tyrkova-Williams. De la Libertad de Brest-Litovsk, el Primer ano de la Revolución Rusa (From Liberty to Brest-Litovsk, the First Year of the Russian Revolution), Londres, Macmillan, 1919, 526p. OCLC: 15796701 xii, 526p. See capítulo XIII en la Asamblea Constituyente Boris Sokoloff. Las Noches Blancas (The White Nights), Nova York, Devin-Adair, 1956. Ver el capítulo del infructuoso intento de defender la Asamblea Constituyente La Revolución Bolchevique, 1917-1918. Documentos y Materiales (The Bolshevik Revolution, 1917-1918. Documents and Materials), eds. Frank Alfred Golder, James Bunyan e Harold Fisher, Stanford University Press; H. Milford, Oxford University Press, 1934. Ver la sección de la Asamblea Constituyente

Categoría:Revolución Rusa de 1917