250px|miniatura|Porto da Baía de Alxeciras

O porto da baía de Alxeciras, tamén coñecido como porto de Alxeciras, é un porto comercial, pesqueiro e de pasaxeiros situado na baía de Alxeciras, no sur de Andalucía. Componse de numerosas infraestruturas marítimas diseminadas ao longo de toda a baía. Aínda que só as zonas urbanas de Alxeciras e La Línea de la Concepción se asoman á baía, existen tamén instalacións portuarias no resto da ribeira, pertencente tamén aos municipios de Los Barrios e San Roque. É xestionado pola Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras xunto ao porto de Tarifa, os dous pertencentes á provincia marítima de Alxeciras.

É o primeiro porto de España en tráfico total de mercadorías e o segundo do mar Mediterráneo,World Port Rankings, «» e en 2004 foi o 25º do mundo en transporte de colectores, colocándose no 2011 como o 2ª máis grande de Europa en volume de mercadorías e contedores.El puerto de Algeciras (Cádiz) se sitúa entre los 25 primeros del mundo en una lista de 100 con sólo tres españoles En 2010 superou os 70 millóns de toneladas en tráfico total e máis de 2,8 millóns de contedores.Handbook 2013. del puerto de la bahía de Algeciras Totaliza máis de 10 km de peiraos nas súas diferentes dársenas, que xestionan todo tipo de tráfico de pasaxeiros e mercadorías.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Alxeciras Categoría:Alxeciras