miniatura|Algas verdes en rochas da costa en Taiwán.

As clorófitas (ou clorófitos) ou Chlorophyta son unha división das algas verdes. O nome utilízase na literatura científica en dous sensos moi distintos, polo que debe terse coidado co significado que lle está dando cada autor. Estes dous sensos son: Nos sistemas de clasificacións vellos, refírese a un grupo moi parafilético que comprende todas as algas verdes incluídas hoxe dentro das plantas verdes (Viridiplantae) e abrangue unhas 7.000 especiesHoek, C. van den, Mann, D.G. and Jahns, H.M. 1995. Algae An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9 de organismos eucarióticos fotosintéticos e maiormente acuáticos. Por tanto, incluiría tamén as carófitas. Para este significado véxanse máis detalles no artigo algas verdes. Nas clasificacións máis modernas, o grupo defínese como un dos clados que constitúen as Viridiplantae, que están formadas polos clados das clorófitas e das estreptófitas. O clado Streptophyta consta de dúas divisións: Charophyta e Embryophyta. Tomado neste senso Chlorophyta ten un significado máis restrinxido e comprende só unhas 4.300 especies.

Igual que as plantas terrestres (briófitas e traqueófitas), as algas verdes conteñen clorofila a e clorofila b e almacenan alimento en forma de amidón nos seus plastidios.

A división contén tanto especies unicelulares coma pluricelulares. Aínda que a maioría das especies viven en hábitats de auga doce e un gran número en hábitats mariños, outras especies están adaptadas a unha ampla variedade de ambientes. A alga Chlamydomonas nivalis, pertencente á clase Chlorophyceae, vive en zonas nevados de montaña. Outras especies viven pegadas ás rochas ou ás partes leñosas das árbores. Algúns liques son unha simbiose entre fungos e algas verdes (outros teñen bacterias fotosintéticas en vez de algas).

Outras especies de Chlorophyta establecen tamén relacións simbióticas con protozoos, esponxas, e cnidarios. Todas son flaxeladas, e isto ten a vantaxe da motilidade. Algunhas realizan a reprodución sexual oógama ou isógama.

Ecoloxía Moitas especies de Chlorophyta (tratadas como o que agora se considera un dos dous clados de Viridiplantae) son habitantes comúns de ambientes mariños, de augas doces e terrestres.Graham LE, Graham JM, Wilcox LW (2009) Algae. 2nd Edition. Benjamin Cummings (Pearson), San Francisco, CA Varias especies adaptáronse a ambientes especializados e extremos, como desertos, ambientes árticos, hábitats hipersalinos, augas profundas mariñas e chemineas hidrotermais abisais. Algúns grupos, como as Trentepohliales encóntranse exclusivamente en terra. Varias especies de Chlorophyta viven en simbiose con diversos eucariotas, como fungos (formando liques), ciliados, foraminíferos, cnidarios e moluscos. Algunhas especies de Chlorophyta son heterótrofas, e poden ser de vida libre ou parasitas, xa que perderon a capacidade de fotosintetizar. Dúas especies comúns de algas verdes heterótrofas do xénero Prototheca mesmo son patóxenas e poden causar a doenza chamada prototecose en humanos e animais.

Clasificacións Utilízanse características como o tipo de zoide (célula reprodutora flaxelada), mitose (cariocinese), citocinese, nivel de organización, ciclo de vida, tipo de gametos, polisacáridos da parede celularLobban, Christopher S.; Wynne, Michael James, eds. (1981). The Biology of Seaweeds. Botanical Monograph Series 17. University of California Press, p. 88. e máis recentemente os datos xenéticos para a clasificación das Chlorophyta. Móstranse varias clasificacións dadas por diversos autores:

Leliaert et al. 2012 Filoxenia simplificada de Chlorophyta, segundo Leliaert et al. 2012. Nótese que moitas algas antes clasificadas como Chlorophyta foron resituadas aquí en Streptophyta. Viridiplantae Chlorophyta clorófitas básicas ou core Ulvophyceae Cladophorales Dasycladales Bryosidales Trentepohliales Ulvales-Ulotrichales Oltmannsiellopsidales Chlorophyceae Oedogoniales Chaetophorales Chaetopeltidiales Chlamidomonadales Sphaeropleales Trebouxiophyceae Chlorellales Oocystaceae Microthamniales Trebouxiales Clado Prasiola Chlorodendrophyceae prasinophytes (parafiléticas) Pyramimonadales Mamiellophyceae Pycnococcaceae Nephroselmidophyceae Prasinococcales Palmophyllales Streptophyta carófitas Mesostigmatophyceae Chlorokybophyceae Klebsormidiophyceae Charophyceae Zygnematophyceae Coleochaetophyceae Embryophyta (plantas terrestres)

Pombert et al. 2005 Unha posible clasificación cando Chlorophyta se define como un dos dous clados de Viridiplantae é a seguinte:Jean-Francxois Pombert et al 2005, The Chloroplast Genome Sequence of the Green Alga Pseudendoclonium akinetum (Ulvophyceae) Reveals Unusual Structural Features and New Insights into the Branching Order of Chlorophyte Lineages Mol. Biol. Evol. 22(9) 1903–1918. Clase Prasinophyceae T. A. Chr. ex Ø. Moestrup & J. Throndsen Clase Chlorophyceae Wille Clase Trebouxiophyceae T. Friedl Clase Ulvophyceae K. R. Mattox & K. D. Stewart

Lewis & McCourt 2004 División Chlorophyta (algas verdes sensu stricto) Subdivisión Chlorophytina Clase Chlorophyceae (clorófitas) Orde Chlamydomonadales (+ algunhas Chlorococcales + algunhas Tetrasporales + algunhas Chlorosarcinales) Orde Sphaeropleales (sensu Deason, máis Bracteacoccus, Schroederia, Scenedesmaceae, Selanastraceae) Orde Oedogoniales Orde Chaetopeltidales Orde Chaetophorales Incertae sedis (clado Cylindrocapsa, clado Mychonastes) Clase Ulvophyceae (ulvófitas) Orde Ulotrichales Orde Ulvales Orde Siphoncladales/Cladophorales Orde Caulerpales Order Dasycladales Clase Trebouxiophyceae (trebouxiófitas) Orde Trebouxiales Orde Microthamniales Orde Prasiolales Orde Chlorellales Clase Prasinophyceae (prasinófitas) Orde Pyramimonadales Orde Mamiellales Orde Pseudoscourfieldiales Orde Chlorodendrales Incertae sedis (clado sen denominación de taxons cocoides) División Charophyta (algas carófitas e plantas embriófitas) Clase Mesostigmatophyceae (mesostigmatófitas) Clase Chlorokybophyceae (clorokibófitas)) Clase Klebsormidiophyceae (klebsormidiófitas) Clase Zygnemophyceae (conxugadas) Orde Zygnematales (conxugadas filamentosas e désmidas sacodermas) Orde Desmidiales (désmidas placodermas) Clase Coleochaetophyceae (coleoquetófitas) Orde Coleochaetales Subdivisión Streptophytina Clase Charophyceae (reverte para uso de GM Smith) Orde Charales (carófitas sensu stricto) Clase Embryophyceae (plantas embriófitas)

Hoek, Mann and Jahns 1995 Clasificación de Chlorophyta, tratadas como todas as algas verdes, segundo Hoek, Mann e Jahns 1995. Clase Prasinophyceae (ordes Mamiellales, Pseudocourfeldiales, Pyramimonadales, Chlorodendrales) Clase Chlorophyceae (ordes Volvocales, Chlorococcales, Chaetophorales, Oedogoniales) Clase Ulvophyceae (ordes Codiolales, Ulvales) Clase Cladophorophyceae (orde Cladophorales) Clase Bryopsidophyceae (ordes Bryopsidales, Halimedales) Clase Dasycladophyceae (orde Dasycladales) Clase Trentepohliophyceae (orde Trentepohliales) Clase Pleurastrophyceae (ordes Pleurastrales, Prasiolales) Clase Klebsormidiophyceae (ordes Klebsormidiales, Coleochaetales) Clase Zygnematophyceae (ordes Zygnematales, Desmidiales) Clase Charophyceae (orde Charales)

Nunha nota engadida en probas, preséntase unha clasificación alternativa para as algas da clase Chlorophyceae: Clase Chlamydophyceae (ordes Volvocales, Chlorococcales, Chaetophorales) Clase Oedogoniophyceae (orde Oedogoniales) Clase Chlorophyceae (orde Chlorellales)

Bold and Wynne 1985 Clasificación de Chlorophyta e Charophyta segundo Bold e Wynne 1985.

Chlorophyta, Chlorophyceae (16 ordes) Volvocales Tetrasporales Chlorococcales Chlorosarcinales Ulotrichales Sphaeropleales Chaetophorales Trentepohliales Oedogoniales Ulvales Cladophorales Acrosiphoniales Caulerpales Siphonocladales Dasycladales Zygnematales Charophyta, Charophyceae (1 orde) Charales

Mattox & Stewart 1984 Clasificación de Chlorophyta segundo Mattox & Stewart 1984:Mattox, K.R. & Stewart, K.D. 1984. Classification of the green algae: a concept based on comparative cytology. Pp. 29‐72, In Irvine, D.E.G. & John, D.M. (eds.), The systematics of Green Algae. The Systematics Association, Special Vol. 27, Academic Press, Londres.

Micromonadophyceae Mattox & Stewart (similar a Prasinophyceae; as Tetraselmidiales foron transferidas a Pleurastrophyceae) Charophyceae Rabenhorst Chlorokybales Klebsormidiales Zygnematales Coleochaetales Charales Ulvophyceae Mattox & Stewart Pleurastrophyceae Mattox & Stewart Tetraselmidiales Pleurastrales Chlorophyceae Wille in Warming Chlamydomonadales Volvocales Chlorococcales Sphaeropleales Chlorosarcinales Chaetophorales Oedogoniales

Fott 1971 Clasificación de Chlorophyta segundo Fott 1971.Hoek, C. et al. (1995), p. 483. Clase Chlorophyceae Orde Volvocales Orde Tetrasporales Orde Chlorococcales Orde Ulotrichales Suborde Chlorosarcineae Suborde Ulotrichineae Suborde Oedogoniineae Suborde Chaetophorineae Orde Siphonocladales Orde Bryopsidales Clase Conjugatophyceae Clase Charophyceae

Round 1971 Clasificación de Chlorophyta e algas relacionadas segundo Round 1971.Round, F.E. 1971. The taxonomy of the Chlorophyta, 2. Brit. phycol. J., 6(2): 235-264.

"algas verdes" Euglenophyta Prasinophyta Charophyta Chlorophyta Zygnemaphyceae (= Conjugatophyceae; ordes Mesotaeniales, Zygnematales, Gonatozygales, Desmidiales) Oedogoniophyceae (orde Oedogoniales) Bryopsidophyceae Hemisiphoniidae (ordes Cladophorales, Sphaeropleales, Acrosiphoniales Cystosiphoniidae (ordes Dasycladales, Siphonocladales, Chlorochytriales) Eusiphoniidae (ordes Derbesiales, Codiales, Caulerpales, Dichotomosiphonales, Phyllosiphonales) Chlorophyceae ordes Chlamydomonadales, Volvocales, Polyblepharidales, Tetrasporales, Chlorodendrales, Chlorosarcinales, Chlorococcales ordes Ulotrichales, Codiolales, Ulvales, Prasiolales, Cylindrocapsales, Microsporales ordes Chaetophorales, Coleochaetales, Trentepohliales, Pleurococcales, Ulvellales

Smith 1938 Clasificación de Chlorophyta segundo Smith 1938:

Clase 1. Chlorophyceae Orde 1. Volvocales Familia 1. Chlamydomonadaceae Familia 2. Volvocaceae Orde 2. Tetrasporales Orde 3. Ulotrichales Familia 1. Ulotrichaceae Familia 2. Microsporaceae Familia 3. Cylindrocapsaceae Familia 4. Chaetophoraceae Familia 5. Protococcaceae Familia 6. Coleochaetaceae Familia 7. Trentepohliaceae Orde 4. Ulvales Familia 1. Ulvaceae Familia 2 Schizomeridaceae Orde 5. Schizogoniales Familia Schizogoniaceae Orde 6. Cladophorales Familia 1. Cladophoraceae Familia 2. Sphaeropleaceae Orde 7. Oedogoniales Familia Oedogoniaceae Orde 8. Zygnematales Familia 1. Zygnemataceae Familia 2. Mesotaeniaceae Familia 3. Desmidiaceae Orde 9. Chlorococcales Familia 1. Chlorococcaceae Familia 2. Endosphaeraceae Familia 3. Characiaceae Familia 4. Protosiphonaceae Familia 5. Hydrodictyaceae Familia 6. Oöcystaceae Familia 7. Scenedesmaceae Orde 10. Siphonales Familia 1. Bryopsidaceae Familia 2. Caulerpaceae Familia 3. Halicystaceae Familia 4. Codiaceae Familia 5. Derbesiaceae Familia 6. Vaucheriaceae Familia 7. Phyllosiphonaceae Orde 11. Siphonocladiales Familia 1. Valoniaceae Familia 2. Dasycladaceae Clase 2. Charophyceae Orde Charales Familia Characeae

Notas

Véxase tamén Outros artigos Burrows, E.M. 1991. Seaweeds of the British Isles. Volume 2 Chlorophyta. Natural History Museum, Londres. ISBN 0-565-00981-8

Pickett-Heaps, J.D. (1975). Green Algae. Structure, Reproduction and Evolution in Selected Genera. Sinauer Assoc., Stamford, CT; 606 páxinas.

Categoría:Algas verdes