España foi un periódico editado en Ourense entre 1936 e 1937.
Historia e características Apareceu en xaneiro de 1936. Fundado por Manuel González Cerezales, o secretario de redacción era Francisco Céspedes Gil. Entre os seus colaboradores figuraron Bautista Pérez Cabo, Alcaraz e Rufino Blanco. Semanario tradicionalista en 1936 e adicto ao novo réxime dende xullo. Cesou a súa publicación en 1937.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1936 en Galicia