Río Lobo (en ) é un filme estadounidense dirixido por Howard Hawks que se estreou en 1970. É un western protagonizado por John Wayne. A banda sonora foi composta por Jerry Goldsmith e o filme rodouse en Cuernavaca, no estado mexicano de Morelos e en Tucson (Arizona).

Estreouse en galego na TVG o 18 de novembro de 1986.

Sinopse Durante a Guerra de Secesión, un destacamento do exército da Unión ten como misión acabar cos continuos ataques dos rebeldes ós trens que transportan ouro. Nunha das persecucións, o coronel McNally é feito prisioneiro co único fin de conducir os rebeldes ata o lugar onde se encontra o seu destacamento. Porén, o oficial conseguirá pór sobre aviso os seus homes.

Personaxes John Wayne como Coronel Cord McNally Jorge Rivero como Capitán Pierre Cordona, "Frenchy" Jennifer O'Neill como Shasta Delaney Christopher Mitchum como Sarxento Tuscarora Phillips Jack Elam como Phillips Victor French como Ike Gorman/Ketcham Susana Dosamantes como María Carmen Sherry Lansing como Amelita David Huddleston como Dr. Ivor Jones – Dentista Mike Henry como Rio Lobo Sheriff "Blue Tom" Hendricks Bill Williams como Blackthorne Sheriff Pat Cronin Jim Davis como Rio Lobo Robert Donner como Whitey Carter Hank Worden como Hank Peter Jason como Tenente Ned Forsythe Edward Faulkner como Tenente Harris Chuck Courtney como Chuck Robert Rothwell como 3º pistoleiro George Plimpton como 4º pistoleiro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1970 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Howard Hawks Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Batjac Productions Categoría:Filmes de CBS Films Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes de 1970 con versión en galego