Luís Álvarez Rodríguez, nado en Ourense o 29 de novembro de 1915 e finado na mesma cidade en 1981, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Sobriño de Primitivo Rodríguez Sanjurjo. Fixo o bacharelato no Instituto de Ourense. Estudante de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado e combateu na primeira División de Navarra e no grupo de Regulares de Tetuán. Licenciose en Dereiro na USC en 1943. Nos anos corenta alistouse na División Azul como capitán,El Pueblo Gallego, 17-2-1944, p. 5.El Pueblo Gallego, 25-4-1957, p. 11. e cando retornou mandou unha compañía da Garda Civil durante uns anos e despois pasou á reserva.La Región, 3-2-1974, p. Durante os anos de posguerra foi asesor xurídico da xefatura provincial do Movemento e comandante de Infantaría.
Foi presidente da Cámara da Propiedade, da Deputación de Ourense (do 2 de febreiro de 1974 ata o 7 de xaneiro de 1976),El Pueblo Gallego, 2-2-1974, p. 2.La Voz de Galicia, 2-2-1974, p. 9. procurador en Cortes e presidente da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1974-1976). Foi un dos fundadores de Alianza Popular en Ourense.
Recoñecementos Encomenda con placa da Orde de Cisneros, 1974.El Pueblo Pallego, 27-10-1974, p. 17.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación (24/8/2012) ourensenotempo.blogspot.com
Categoría:Falanxistas Categoría:Militares de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes