Códice é unha miniserie de suspense galega que foi estreada na TVG. A miniserie conta a historia do roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago de Compostela. A primeira parte foi emitida o 23 de decembro de 2014, e a segunda o 30 de decembro. A preestrea da miniserie realizouse o 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago.
Personaxes Miguel de Lira como Manolo Carballeira, o electricista da catedral. Manuel Lozano como Manolo de mozo Francis Lorenzo como Comisario Dávila Antonio Durán "Morris" como Xosé María, deán da catedral María Vázquez como Marina Velasco, inspectora do caso do roubo Carlos Blanco Vila como Xuíz Casal Mónica Camaño como Olga, muller de Manolo Tamar Novas como Esteban, fillo de Manolo Sabela Arán como Noelia, moza de Esteban Manuel Cortés como Mujico, xefe de redacción Luis Zahera como Lázaro, fotógrafo xornalístico María Castro como Natalia, redactora Xosé Barato como Quintela, axente de policía Xulio Abonjo como Salgado, axente de policía Manuel Manquiña como Arcebispo Alfonso Agra como Administrador da catedral Luís Iglesia como Joaquín Veiga, organista da catedral Antonio Mourelos como Fernando Silveira, extorsionador Camila Bossa como Sabela, camareira César Cambeiro como Celeiro, veciño de Manolo
Produción A miniserie rodouse na cidade de Santiago de Compostela e mais na Catedral, e as localizacións técnicas fixéronse en agosto de 2014. A rodaxe comezou o 8 de setembro e rematou o 10 de outubro de 2014. A posprodución realizouse nos meses de outubro e novembro.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado en 3 premios, resultando gañador Antonio Durán "Morris" como mellor actor secundario pola súa interpretación de Xosé María, o deán da catedral. Ano Categoría Receptor Resultado2014Mellor actor secundarioAntonio Durán "Morris" GañadorMellor música orixinalManuel RiveiroNomeadoMellor deseño de vestiario Eva CaminoNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Teaser da serie en YouTube
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Cassinello Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela