A Fíbula de Lancia é unha fíbula -un imperdible de bronce utilizado para xuntar a vestimenta-, realizado por pobos celtiberos na segunda Idade de Ferro, entre os séculos III e II a. C. Forma parte das chamadas "fíbulas de cabalo" de raizame celta. Atopouse na antiga cidade celtibérica de Lancia, no termo municipal de Villasabariego, pertencente á provincia de León.
Simboloxía A fíbula representa un guerreiro montando a cabalo coa cabeza de seu inimigo baixo o fociño da súa montura, segundo o costume que os celtas tiñan de amosar as cabezas dos seus inimigos vencidos, tal como din autores grecolatinos como Diodoro, Estrabón ou Silio Itálico.
A súa decoración, a base de círculos concéntricos e punteados deben facer referencia a un deus ou mito solar, xa que a peza está vinculada con outras fíbulas de cabalos con idéntica decoración (estandarte ou báculo de Numancia, Fíbulas celtas de cabalo en Panonia, Galoromanas etc)
Características Forma: zoomorfa. Material: bronce. Estilo: segunda idade de ferro, Celtibérico.Web do Museo Arqueolóxico Nacional (Consultada o 30-04-2011) Técnica: Fundición. Altura: 7,4 centímetros. Lonxitude: 9,2 centímetros. Grosor: 0,8 centímetros.
Conservación A peza exponse de forma permanente no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, co número de inventario 22925.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Celtiberos
Categoría:Arqueoloxía en Castela e León Categoría:Provincia de León Categoría:Fíbulas Categoría:Arte celta Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España