Jan Tobiasz AugustynowiczOs armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco. (en , "Yan Tobiiash Avhustynovych"), nado o 24 de novembro de 1664 en Lviv e finado o 22 de decembro de 1751 na mesma cidade, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1715 e 1751.

Traxectoria Estudou no colexio dos teatinos de Lviv, e en 1689 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Lviv. En 1709 foi nomeado vigairo xeral do arcebispo Hunanian.

O 22 de maio de 1713 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv e titular de Himeria, mais descoñécese cando foi ordenado bispo. En 1715, logo da morte do seu predecesor, sucedeuno como arcebispo de Lviv. O papa Clemente XI impúxolle o palio en 1716, e en 1719 nomeouno asistente ó trono papal.

O arcebispo levou a cabo unha visita xeral ós territorios da arquidiocese en Polonia en 1717, e ós de Moldova en 1729. Na última década do seu pontificado reconstruíu o colexio dos teatinos e a catedral de Lviv, danados por un incendio.

Finou no cargo o 22 de decembro de 1751, e está enterrado na catedral armenia de Lviv.

Notas

Categoría:Nados en 1664 Categoría:Finados en 1751 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Nados en Lviv