Antichrist Superstar é o segundo álbum da banda estadounidense de rock industrial Marilyn Manson, publicado o 8 de outubro de 1996 a través dos selos Nothing Records e Interscope Records. O éxito do disco nas listas mainstream converteu ao grupo nun nome familiar e ao seu líder nunha icona do rock. Isto levou a numerosas protestas de grupos reixiosos e cívicos como a American Family Association debido á percibida postura anti-cristiá da banda ademais de pola da natureza transgresiva e de confrontación da súa música, actuacións e aparencia.
Listaxe de cancións
Notas Aínda que está formado por tres ciclos, o álbum foi publicado como un único disco, de xeito semellante aos catro ciclos do traballo Holy Wood. Hai diferentes nomes para a canción oculta "Empty Sounds of Hate". The Marilyn Manson Collection en iTunes a chama "Ghost Track" e Rhapsody titúlaa "Track 99".
Descartes "Long Hard Road Out of Hell" – aparece na banda sonora da película de 1997 Spawn; tamén editado no sinxelo promocional "Man That You Fear". "The Suck For Your Solution" – aparece na banda sonora de Howard Stern: Private Parts. "Apple of Sodom" – aparece na banda sonora de Lost Highway. "Astonishing Panorama of the Endtimes" – non editada, unha gravación posterior para as sesións do Mechanical Animals, con letras actualizadas e un arranxo distinto, foi lanzada na banda sonora de Celebrity Deathmatch ademais de no álbum ao vivo The Last Tour on Earth.
Categoría:Álbums de Marilyn Manson Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Trent Reznor Categoría:Álbums producidos por Marilyn Manson Categoría:Álbums producidos por Sean Beavan Categoría:Álbums de Nothing Records Categoría:Álbums de Interscope Records