A área metropolitana de Ponferrada é unha aglomeración urbana formada por 11 concellos da bisbarra leonesa do Bierzo. Segundo o INE, en 2011 tiña 88.975 habitantes.

Características A área metropolitana de Ponferrada (ou alfoz) rexistra un crecemento relativo moderado, que se centra principalmente en Ponferrada, Cacabelos e en Camponaraia. Estes 3 concellos son os que tradicionalmente foron máis dinámicos do Alfoz de Ponferrada, aos cales se uniron outros moitos nos últimos anos. Entre os anos 2006 e 2008 o total de crecemento de poboación sumando todos os concellos foi de 3.500 persoas.

O máis peculiar deste alfoz é que Ponferrada é a que máis crece de todas, en números absolutos, cando a tendencia de moitas cidades actuais é ceder habitantes aos seus concellos estremeiros. Sen dúbida o feito de que isto aconteza é a gran cantidade de terreo da que dispón o concello de Ponferrada.

Concellos Municipio Poboación Superficie Km² Densidade h/km²Ponferrada68.549283,3242,08Cacabelos5.50632,8168,59Camponaraia4.22029144,87Carracedelo3.68032,4113,86Cubillos del Sil1.85253,434,68Castropodame1.80559,730,10Congosto1.676 37,145,53Cabañas Raras1.31619,368,86Molinaseca88679,611,18Priaranza do Bierzo82833,724,58Sancedo57431,218,52Total90.892691,6131,42

Categoría:Ponferrada Categoría:Áreas metropolitanas de España