Joaquín Castro Arias, nado en Osedo (Sada) e finado en Buenos Aires o 17 de outubro de 1888La Noche, 16-1-1951, p. 5., foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Estudou Dereito. Foi promotor fiscal, xuíz de primeira instancia e escribano de cámara da Audiencia de Galicia. Colaborou na Revista Gallega de Legislación y Jurisprudencia, dirixiu El Adalid, El Siglo e El Comercio Gallego. Colaborou en El Telegrama. En febreiro de 1880 fíxose cargo da dirección de El Noroeste até a súa marcha a Arxentina. En Buenos Aires organizou os Xogos Florais e colaborou na Revista Galaica, La España Moderna e La Nación Española.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Sada Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Sada Categoría:Finados en 1888 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido