Germán Lastra Cancio, nado en Negueira de Muñiz, foi un político galego.

Traxectoria Empregado da Campsa. Organizador do Sindicato General Trabajadores Petróleo da UGT. Foi Vocal-Tesoureiro do Comité Executivo provincial do Partido Republicano Radical Socialista (1932), secretario da Xunta provincial de Colectividades Socialistas, e en marzo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil xestor da Deputación de Lugo El Progreso, 22-3-1936, p. 6. e xestor do concello de Lugo en substitución de Benigno Quiroga. El Progreso, 31-3-1936, p. 6. Colaborador en El Progreso e Vida Escolar, foi secretario da Asociación da Prensa de Lugo en 1932. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno en Oviedo. Levou a familia a Muñó (Siero) e incorporouse a Campsa en Xixón ata o fin da guerra en Asturias. Estivo agochado en Muñó un ano. Presentouse en comisaría e foi detido e sometido a consello de guerra en Xixón en 1939. Estivo preso 18 meses na prisión de El Coto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en represión franquista en Lugo Entrevista a Germán Lastra López Ficha en Nomes e voces

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas de Negueira de Muñiz Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Negueira de Muñiz Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido