miniatura|250px|Vista xeral da planta. miniatura|250px|Follas. miniatura|250px|Ricinus communis (La Gomera): froitos incipientes. miniatura|250px|Flores e froitos inmaturos. miniatura|right|250px|Inflorescencia en frutificación. miniatura|250px|Sementes. miniatura|240px|Detalle da folla miniatura|240px|Plántula O rícinoNome vulgar galego en Guía de plantas medicinais de Galicia, Vigo, Galaxia, 1996; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009, Ricinus communis, é a única especie aceptada do xénero: Ricinus, planta arbustiva da familia Euphorbiaceae, de follas moi grandes, pecioladas, e froito capsular. Das súas sementes extráese un aceite purganteDefinición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999.
Descrición O rícino é un arbusto de talo groso e lígneo, oco que, ao igual que os pecíolos, nervios e incluso as propias follas nalgunhas variedades, pode tomar unha cor púrpura escura e adoita estar cuberto dunha voaxa abrancazada, semellante á cera.
As follas son moi grandes, de nervación palmada e fendidas de 5 a 9 lobos, de bordos irregularmente dentados; as follas son alternas, con pecíolo moi longo, unido pola súa parte inferior.
As flores están dispostas en grandes inflorescencias, ergueitas, que, cando son novas, abrollan dunha espata nos nós entre o talo e os pedúnculos das follas; na parte inferior de ditas inflorescencias áchanse as flores masculinas, cun cáliz, con cinco pezas lanceoladas/triangulares e múltiples estames soldados, con forma de columna, ramificada en forma de coliflor. As flores femininas atópanse na parte superior da panícula, con ovario, formado por tres follas carpelares e rematado por un pistilo trifurcado, con papilas destinadas a captar o pole. Florea case todo o ano.
O froito é globuloso, trilobado, case sempre cuberto por abundantes pugas, que lle dan aspecto de ourizo; ten tres cavidades, cada unha cunha semente, grande e xaspeada, de superficie lisa e brillante, rematada por unha excrecencia e que contén unha toxina chamada de ricina.Soto-Blanco B, Sinhorini IL, Gorniak SL, Schumaher-Henrique B. 2002. Ricinus communis cake poisoning in a dog. Vet Hum Toxicol. Jun 44(3):155-6. Cando os froitos secan, a codia espiñenta ténsase aos poucos producindo finalmente un efecto de resorte que guinda a semente a distancias superiores aos dez metros, sendo este o xeito de se espallaren.
Hábitat e distribución Cómpre dun clima cálido sen xeadas, está espallado por case todas as rexións cálidas do globo, téndose naturalizado por ser unha planta cultivada dende a antigüidade. Semella ser orixinaria do corno de África (Abisinia).
Toxicidade e usos As sementes son moi tóxicas, pola presenza dunha albumina chamada ricina, xa que abonda a inxestión dunhas poucas, mastigadas ou engolidas, para produciren un cadro de intensa gastroenterite con deshidratación; pode danar seriamente o fígado e mailo ril e incluso producir a morte. É unha das toxinas biolóxicas máis potentes que se coñecen.
O aceite de rícino, obtido por prensado das sementes e quentado para destruír a ricina, é un dos purgantes máis reputados, debéndose a súa acción ao ácido ricinoleico; ten o inconveniente do seu desagradábel sabor. Na actualidade encontra aplicacións na industria de tinturas e vernices, así como para a fabricación de lubrificantes e líquidos para freos. Química Aceite de rícino Ácidos graxos Media da composición de ácidos graxos do óleo de rícino Nome do ácido Rango de porcentaxes Ácido ricinoleico 85 fins 95% Ácido oleico 6 fins 2% Ácido linoleico 5 fins 1% Ácido linolénico 1 fins 0,5% Ácido esteárico 1 fins 0,5% Ácido palmítico 1 fins 0,5% Ácido dihidroxisteárico 0,5 fins 0,3% re 0,5 fins 0,2%
Substancias nitroxenadas: Ricinina ou ricidina (alcaloides equivalentes) Ricina: É unha albumina vexetal tóxica. Encima: Lipase Vitamina E. (ou alfatocoferol) Sales minerais Proteínas (20%)
Xardinaxe Emprégase principalmente pola súa follaxe e penacho floral para muros de separación, sebes, pantallas e dar tons de cores nos fondos dos xardíns. As variedades que se utilizan son variacións na cor das follas e talos. Algunhas delas son:
Cambogensis: con talos cun púrpura moi escuro (case negro) Gibsonii: con follas de cor encarnada escura Saguineus Zinzibarensis: con follas verdes
Taxonomía Ricinus communis foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1007. 1753. Etimoloxía O nome do xénero, aplicado xa a esta planta por Plinio (15, 25) —aínda que tamén o aplicou á amora (froito dunha silveira (23, 137)— e outros autores látinos, alude á semellanza das súas sementes con certas carrachas, chamadas tamén de ricinus en latín. Mais o rícino era coñecido dende había moito antes, pois nomeábano xa autores gregos, como Teofrasto e Dioscórides, co nome de «croton» —nome que tamén usou Plinio (15, 25)— e as súas sementes apareceron en tumbas exipcias, moi anteriores. Sinonimia Todos os innumerábeis táxones infra-específicos (subespecies, variedades, formas) son meros sinónimos da especie,Ricinus communis en The Plant List ademais das especies a seguir e os seus táxones infra-específicos: Cataputia major Ludw. Cataputia minor Ludw. Croton spinosus L. Ricinus africanus Mill. Ricinus angulatus Thunb. Ricinus armatus Andr. Ricinus atropurpureus Pax & K.Hoffm. Ricinus badiusRchb. Ricinus borboniensis Pax & K.Hoffm. Ricinus cambodgensis Benary Ricinus compactus Huber Ricinus digitatus Noronha Ricinus europaeus T.Nees Ricinus gibsonii auct. Ricinus giganteus Pax & K.Hoffm. Ricinus glaucus Hoffmanns. Ricinus hybridus Besser Ricinus inermis Mill. Ricinus japonicus Thunb. Ricinus krappaSteud. Ricinus laevis DC. Ricinus leucocarpus Bertol. Ricinus lividus Jacq. Ricinus macrocarpus Popova Ricinus macrophyllus Bertol. Ricinus medicus Forssk. Ricinus medius J.F.Gmel. Ricinus megalosperma Delile Ricinus megalospermus Delile Ricinus messeniacus Heldr. Ricinus metallicus Pax & K.Hoffm. Ricinus microcarpus Popova Ricinus minor Mill. Ricinus nanus Bald. Ricinus obermannii Groenl. Ricinus peltatus Noronha Ricinus perennis Steud. Ricinus persicus Popova Ricinus purpurascens Bertol. Ricinus ruber Miq. Ricinus rugosus Mill. Ricinus rutilans Müll.Arg. Ricinus sanguineus Groenl. Ricinus scaber Bertol. ex Moris Ricinus speciosus Burm.f. Ricinus spectabilis Blume Ricinus tunisensis Desf. Ricinus undulatus Besser Ricinus urens Mill. Ricinus viridis Willd. Ricinus vulgaris Mill. Ricinus vulgaris Garsault nom. inval. Ricinus zanzibarensis auct. Ricinus zanzibarinus Popova
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aceite de rícino. Ricina Euforbiáceas Ciato Bibliografía Manual de plantas de jardín. Michael Wright. Ed. Serbal. 1984. González Torres, Dionisio M. (2009): Catálogo De Plantas Medicinales (y Alimenticias y Útiles) Usadas En Paraguay., Editorial Servilibro, Asunción-Paraguai. ISBN 99925-859-6-X
Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Oleaxinosas Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas velenosas Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné