A civilización cicládica (tamén coñecida como cultura cicládica ou período cicládico) é unha cultura arqueolóxica da Idade do Cobre e do Bronce nas Cícladas, no mar Exeo, abarcando aproximadamente o período do 3000 ao 2000 a. C.
En metade do Exeo, entre as Espóradas e Creta, entre a península helénica e Anatolia, áchase o arquipélago das Cícladas. Estas illas deben o nome á súa disposición aproximadamente circular (κύκλος kyklos en grego significa círculo) en torno a Delos, a illa sagrada que viu nacer a Apolo. Son Míconos, Paros, Milo ou Milos, Sifnos, Amorgos, Tinos, Serifos ou Serfanto e Santorini. Nestas illas do Exeo floreceu unha civilización anterior en case 2 000 anos á grega, que deixou tras de si centos de figuriñas de mármore, a maioría figuras femininas.
Historia miniatura|Figuriña de muller embarazada (terceiro milenio).|esquerda|406x406px A significativa cultura cicládica da época Neolítica final e Idade do Cobre é mellor coñecida polos ídolos femininos lisos tallados, fóra das illas, en mármore branco puro, séculos antes da gran "cultura minoica" da Idade de Bronce Medio xurdida en Creta, ao sur. Ditas figuras foron saqueadas dos enterramentos para satisfacer o crecente mercado de antigüidades cicládicas desde inicios do século XX.
Unha característica cultural neolítica que amálgama elementos anatolios e do continente grego no Exeo occidental antes do 4000 a. C., baseada no trigo e cebada silvestre, ovellas e cabras, porcos, e atúns que foron arponeados desde pequenos barcos (Rutter). Sitios escavados como Saliagos e Cefala (en Ceos), que mostran signos de traballo do cobre. Cada unha das pequenas illas Cícladas manteñen non máis duns poucos miles de habitantes, aínda que os modelos de barcos do cicládico final mostran que cincuenta remeiros puideron ser reunidos de comunidades dispersas (Rutter).
Sabemos que, pola súa posición xeográfica que as sitúa como unha especie de ponte entre Europa e Asia, pola riqueza do subsolo e pola relativa suavidade do seu clima, as Cícladas foron berce dunha notábel civilización.
Cónstanos que no período Calcolítico, aproximadamente entre o 3000 e o 2000 a. C., aquela civilización expresouse con notábel orixinalidade. E iso malia que a facilidade de comunicación coas zonas ribeiregas do Mediterráneo ofrecía aos habitantes destas illas a posibilidade de absorber toda clase de influxos culturais foráneos.
Sabemos que a civilización cicládica se mantivo durante varios séculos despois do 2000 a. C., aínda que, cando a altamente organizada cultura palacial de Creta xorde, as illas declinan, coa excepción de Delos, que conservou a súa arcaica reputación como santuario durante o período da civilización clásica grega (ver liga de Delos). E máis tarde cae baixo a cada vez máis predominante influencia política e artística do continente grego.
A cronoloxía da civilización cicládica divídese en tres principais secuencias: cicládico inicial, medio e final. Ao período inicial (ca. 3000 a. C.) seguiulle o arqueoloxicamente escuro cicládico medio (ca. 2500 a. C.). A finais do cicládico final (ca. 2000 a. C.) houbo unha converxencia esencial entre o cicládico e a civilización minoica.
miniatura|Figuriña cicládica de mármore da cultura Keros.Pero o cicládico afunde as súas raíces en tempos aínda máis remotos. Quizais no 7000 a. C. Proba diso é a difusión da obsidiana de Milo. Desta illa proveñen numerosos obxectos cortantes de obsidiana atopados en diferentes asentamentos prehistóricos do Mediterráneo oriental, especialmente na costa turca e en Tesalia (Grecia). Ben é certo, que isto só demostra unha frecuentación da zona, que non supón necesariamente a existencia nela dunha base ben definida de civilización. De feito, os primeiros indicios de comunidades organizadas nas Cícladas non van máis aló do 5000 a. C.E aínda no Neolítico final, é dicir, na segunda metade do IV milenio a. C., o grao de desenvolvemento destas comunidades cicládicas parece limitado, sobre todo se o comparamos co dos centros do Oriente máis inmediato: Anatolia, Siria, Canaán. Trataríase, segundo os datos que temos, de pequenas aldeas de pescadores ou de agricultores moi pobres.
Ao comezar a Idade do Cobre, todo empeza a cobrar relevo nas Cícladas. O desenvolvemento das actividades mariñeiras e o cultivo da vide son o resorte que dispara a transformación das estruturas económicas, sociais e culturais dos das illas. Os seus produtos chegan a Grecia e a diversas rexións do Mediterráneo oriental. Trátase dunha verdadeira engalaxe económica, que orixina diferenzas sociais. E todo isto en paz, pois os asentamentos, situados maioritariamente nas costas, non están fortificados. Estarano máis tarde, cando as Cícladas caian na órbita de Creta, máis poderosa e organizada. Isto é, entón, cara ao final do bronce Antigo, é dicir, en torno ao ano 2000
Hai certa tensión entre os sistemas de datación usados para a civilización cicládica, un "cultural" e outro "cronolóxico." Os intentos de axuntalos conducen a varias combinacións; a máis común é resumida abaixo. + Cronoloxía cicládicaCronoloxía e Terminoloxía de The Prehistoric Archaeology of the Aegean acceso 23 de maio de 2006FaseDataCulturaCulturaContemporáneado continenteCicládico inicial IGrotta-PelosCicládico inicial IIKeros-SirosCicládico inicial IIIKastriCicládico medio I (CMI).FilacopíCicládico medio II (CMII).Cicládico medio III (MCIII).Cicládico final ICicládico final IICicládico final II
Arqueoloxía Algúns dos principais xacementos arqueolóxicos da Idade do Bronce Antiga nas Cícladas.|miniatura|250x250px miniatura|Escultura de íbice de ouro (século XVII a. C.) Hai que advertir, de entrada, que aínda quedan moitos puntos escuros, moitos datos por codificar, moitas hipóteses non probadas.
O estudo do Cicládico foi laborioso, complexo e aínda non pode darse por concluído.
O historiador grego Tucídides escribira no século V a. C.:
Foron estas palabras as que chamaron a atención do arqueólogo Ludwig Ross, quen no segundo terzo do século XIX, aventurou a hipótese de que nas sepulturas prehistóricas visitadas por el en Paros, Naxos, Amorgos e Tera (Santorini), onde se acharon ídolos e vasos de mármore, estaba a confirmación da presenza dos carios no arquipélago: un pobo de piratas orixinario da rexión costeira da Asia Menor entre as antigas Lidia, Licia e Frixia.
Polos mesmos anos do século XIX en que Ludwig Ross, cos textos de Tucídides na man, atribuía aos carios as tumbas do Cicládico, en Filacopí, na illa de Milo, aparecían novas tumbas intactas colmadas de cerámica que logo se dispersaron polos museos de Europa. Vinte anos despois, en torno a 1850 - 1860, o arqueólogo Papadopoulos exploraba a necrópole de Chaliandrani na illa de Siros e lanzaba a hipótese de que aquelas tumbas eran de época romana e gardaban os restos dos condenados por delitos políticos, a quen Roma expatriaba e confinaba nas illas daquel arquipélago. Non deben estrañarnos estas suposicións erróneas, posto que naquela época non había forma de cotexar criticamente os materiais que proporcionaban as escavacións.
Cara a 1860 comeza a exploración dos asentamentos prehistóricos da illa de Santorini. Pero aínda non pode falarse de investigacións científicas, susceptíbeis de configurar un cadro fiábel da civilización que os achados van delineando.
Nos últimos anos do século a actividade exploratoria é moi intensa, rica en observacións que aínda teñen validez. En gran parte lévaa a cabo Christos Tsountas, quen investigou lugares de enterramento en varias illas en 1898-99, sobre todo en Amorgos, Despoticós, Paros, Antíparos, Sifnos e Siros, e acuñou o termo de "civilización cicládica".
Pero as primeiras escavacións verdadeiras son as que en 1896 dirixe a Escola Británica de Atenas, en Filacopí, na illa de Milo. As escavacións incluíron a análise estratigráfica do terreo e proporcionaron resultados fiábeis. En concreto na illa de Milo puido recoñecerse a presenza de tres cidades superpostas, precedidas por unha fase aínda máis antiga (preurbana). E sobre todo comprobouse que estas diversas fases podían ser relacionadas cos estilos de cerámica.
A partir de entón, o interese diminuíu, pero reanimouse a mediados do século XX, cando algúns coleccionistas comezaron a poxar polas tallas de corte modernista que se parecían tanto á escultura de Jean Arp ou de Constantin Brancusi. Os sitios arqueolóxicos foron saqueados e xurdiu un activo comercio de falsificacións. O contexto de moitas destas figuriñas cicládicas foi así destruído; o seu significado nunca poderá ser entendido. Outros intrigantes e misteriosos obxectos son as tixolas cicládicas. A arqueoloxía revelou as liñas xerais da cultura agrícola e mariñeira que terían inmigrado de Asia Menor c. 5000 a. C. O cicládico inicial evolucionou en tres fases, entre c. 3300 - 2000 a. C., cando foi cada vez máis invadida pola crecente influencia da Creta minoica.
A cultura de Grecia continental contemporánea da cultura cicládica é cualificada como Heládico. Orixe dos habitantes das Cícladas miniatura|Ídolo cicládico conservado no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Outro tema de grandes debates foi o da orixe dos primeiros habitantes das Cícladas.
Ata os anos 50 do século XX, a ausencia de pegadas de asentamentos neolíticos nas illas daba pé a supoñer que estas non estaban habitadas naquel período; polo tanto, o seu poboamento situábase en torno ao 2600 Pero de onde procedían aqueles primeiros habitantes das Cícladas? Case todos os investigadores coincidían en afirmar que se trataba de grupos heteroxéneos chegados de Anatolia no curso de migracións sucesivas, e moitos sinalaban que un dos centros de procedencia, entre o 2800 e o 2300 a. C. , foi Troia. En calquera caso parecía certo que, no momento de chegaren ás illas, aqueles grupos posuían xa unha civilización propia e definida, que despois evolucionou de xeito autónomo.
Era a única hipótese posíbel, dado que as demais carecían de base. Faltaban por completo as informacións históricas, e as breves noticias de Tucídides, que é necesario repetir, viviu no século -V, facían referencia a unha época máis avanzada, concretamente á expansión cretense polo arquipélago.
Segundo menciona o historiador, naquel tempo as illas estaban habitadas polos carios, cuxas armas acharon os atenienses en máis da metade das tumbas que descubriron no curso da purificación da illa de Delos.
Pero as escavacións efectuadas nos 60 forneceron novos elementos que botaron por terra gran parte das precedentes hipóteses.
Foi posible determinar que as Cícladas estaban xa habitadas, polo menos, nos últimos tempos do Neolítico Medio e no Neolítico Final; é dicir cara ao 5000 a. C. Así o demostraban os achados habidos en Saliagos, unha illa entre as illas de Paros e Antíparos, entre 1964 e 1965, así como as escavacións que en 1963 se levaron a cabo en Cefala, na illa de Ceos.
Os descubrimentos de Saliagos foron moi interesantes. Eran restos de habitacións de planta rectangular, sobre fundamentos de pedra, pechadas por un muro perimetral. Nelas apareceron cerámicas de formas xeométricas, cuxa superficie escura estaba decorada con motivos en branco opaco, rectilíneos ou curvos. Estes elementos configuraban a que, a partir de entón, se chamou cultura de Saliagos, que englobou outros achados das mesmas características en Vouni (illa de Antíparos), Agrilia (Milo) e Mavrispilia (Miconos). Os materiais foron sometidos a probas de datación mediante o carbono 14 (14C), segundo as cales, e en relación coas escavacións de Emporio X na illa de Quíos, puido determinarse que esta cultura floreceu en torno ao 4900 a. C. A ela asociáronse tamén puntas de obsidiana e pequenas figuras tanto esquemáticas como naturalistas.