The Hunger Games: Catching Fire é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Catching Fire, a segunda parte da triloxía The Hunger Games. O filme da tetraloxía The Hunger Games é a secuela de Os xogos da fame, producida por Nina Jacobson e Jon Kilik e distribuída por Lionsgate no 2013. Francis Lawrence dirixiu o filme, cun guión de Simon Beaufoy e Michael Arndt. Ademais do elenco protagonista do anterior filme, incorpóranse Philip Seymour Hoffman, Jeffrey Wright, Sam Claflin, Lynn Cohen, Jena Malone, Amanda Plummer, Alan Ritchson e Meta Golding.
O argumento de Catching Fire ten lugar uns poucos meses despois do remate do primeiro filme. Katniss Everdeen volveu ó seu fogar despois de gañar os 74º Xogos da Fame Anuais, xunto co seu compañeiro Peeta Mellark. Ó longo da historia, Katniss decátase de que está a xurdir unha rebelión nos distritos contra o opresivo Capitolio. A rodaxe comezou o 10 de setembro de 2012 en Atlanta, Xeorxia, antes de trasladarse a Hawai.
The Hunger Games: Catching Fire foi estreado o 15 de novembro de 2013 no Brasil, o 20 de novembro en Finlandia, Suecia e Noruega, o 21 de nomvebro no Reino Unido, e o 22 de novembro nos Estados Unidos. Conseguiu ser o décimo filme con maior recadación de tódolos tempos http://boxofficemojo.com/alltime/domestic.htm e o primeiro das carteleiras de 2013, sendo o primeiro filme en 2-D dende O cabaleiro escuro (2008) con máis recadación do seu ano, así como por ter unha protagonista feminina, cousa que non se producía dende O exorcista (1973). En todo o mundo, conseguiu $864 millóns.
Catching Fire recibiu boas críticas e está mellor considerado que o seu predecesor, e tamén foi destacada a interpretación de Lawrence como Katniss. Foi nomeado a numerosos premios, ós "Broadcast Film Critics Association" como Mellor filme de acción, e ós Premios Saturn como mellor filme de ciencia ficción. Pola súa interpretación, Lawrence foi nomeada por segunda vez ós Premios Empire como mellor actriz, así como ós Saturn e ós Broadcast Film Critics Association. A canción "Atlas" foi nomeada ós Premios Grammy e ós Globos de Ouro como Mellor canción orixinal.
A súa secuela, The Hunger Games: Mockingjay – Part 1, foi estreada o 21 de novembro de 2014 nos Estados Unidos.
Elenco
Jennifer Lawrence como Katniss Everdeen Josh Hutcherson como Peeta Mellark Liam Hemsworth como Gale Hawthorne Woody Harrelson como Haymitch Abernathy Elizabeth Banks como Effie Trinket Lenny Kravitz como Cinna Philip Seymour Hoffman como Plutarch Heavensbee Jeffrey Wright como Beetee Latier Stanley Tucci como Caesar Flickerman Donald Sutherland como Presidente Snow Toby Jones como Claudius Templesmith Willow Shields como Primrose Everdeen Sam Claflin como Finnick Odair Lynn Cohen como Mags Jena Malone como Johanna Mason Amanda Plummer como Wiress
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en Allmovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:The Hunger Games (serie de filmes) Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Lawrence Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes distópicos Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX