Thriller 25 é unha edición especial polo 25 aniversario do sexto álbum do artista Michael Jackson, Thriller. O álbum orixinal vendeu entre 51 e 65 millóns de copias en todo o mundo, sendo o álbum máis vendido de toda a historia. O proxecto dun "segundo capítulo" de Thriller foi publicado por vez primeira en Access Hollywood a finais de 2006. Jackson dixo que debatería a idea co seu colaborador will.i.am. Foi lanzado en Australia o 8 de febreiro de 2008, internacionalmente o 11 de febreiro de 2008, e nos Estados Unidos o 12 de febreiro de 2008 polos selos Epic Records, Legacy Recordings e MJJ Productions.

Notas

Categoría:Álbums de Michael Jackson Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Epic Records