miniatura|280px|Bens da tumba dun aristócrata franco, do período Merovinxio. Os francos aparecen nos inicios do primeiro milenio nas fontes latinas. O termo designa probabelmente unha liga ou confederación de pobos xermánicos instalados na ribeira dereita do Rin inferior, alén das fronteiras do Imperio Romano, e que non se sometían ao Imperio ou a outro pobo máis importante.Michel Rouche, Clovis, Ediciones Fayard, 1996, p. 75. O latín francus, franci tende a probar que se chamaban así posto que frank significa "libre" en lingua xermánica. Dado que a raíz frank non pertence á lingua xermánica primitiva, pénsase tamén que podería derivar de frei-rancken (libere vacantes) que significa viaxeiros libres.Cellarius, Notitias orbis antiqui, Leipzig, 2 volúmenes, 1701, in Schwarz, Remarques sur l'ancienne géographie de Cellarius (Comentarios sobre a antiga xeografía de Cellarius).
Historia Os pobos francos entraban a miúdo en competencia cos alamanos (xermánico: Alle Männer, todos os homes), outro grupo de tribos xermánicas estabelecidas máis ao sur na marxe dereita do Rin.
A lingua ou variedades lingüísticas orixinalmente faladas polos francos encóntranse vinculadas ao grupo etnolingüístico indoeuropeo, rama xermana occidental (como os anglos, os frisóns e os Saxóns) distinta do grupo xermano oriental, ao cal pertencen, sobre todo, os godos. O fráncico constitúe o resultado moderno destas falas francas. Considérase a miúdo un dialecto do alemán falado en parte de Lorena (Francia), Luxemburgo, Bélxica xermanófona (Eupen) e a Alemaña renana.
No século III, os francos participan na grande invasión de 256-257, ao lado doutros pobos xermánicos que entran no Imperio romano para practicaren a pillaxe. Posteriormente participaron en numerosas incursións . Con todo, o século IV constitúe para Roma un período de recuperación. Cara ao final do Imperio, entre os séculos IV e V, os francos colaboran co exército romano na defensa das fronteiras, daquela en gran parte non romanizadas, loitando contra outras tribos inimigas de Roma. Os merovinxios Entre as tribos francas que entran cedo ao servizo do Imperio encóntrase a dos salios. O seu antepasado lendario, Meroveo, un personaxe case divino segundo os ritos xermánicos, é para eles a principal fonte de lexitimidade do poder real.
No entanto, no século V, o seu rei tamén se converte en procónsul da Galia, é dicir, un soberano xermánico provisto de insignias romanas e que se fai chamar xeneral. Os francos estabelécense entón no que se denominará Neustria e as súas funcións militares confírenlles un poder importante neses tempos revoltos.
Probabelmente en 481, Clodoveo (xerm. Hlodowecus, que dá máis tarde os nomes Ludovic ou Ludwig en Alemaña e Louis en Francia) convértese en rei dos francos en Tournai. Pero para consolidar o seu poder na Galia romana precisa máis que o poder divino que lle confire a mitoloxía tribal xermánica, especialmente para se impor perante os bispos, os patricios e a poboación galorromana, maioritariamente cristiá e latinófona.
Instalado en Soissons após a vitoria definitiva sobre o xeneral galorromano Siagrio, Clodoveo segue os consellos da súa muller, Clotilde, convertida ao catolicismo, e do bispo de Reims. A historiografía clásica di que durante unha batalla importante contra os alamáns, a batalla de Tolbiac, Clodoveo promete converterse á relixión cristiá católica se sae vitorioso. Ao gañar cumpre a súa palabra e recibe o bautismo en 496 ou 498 en Reims, xunto cos seus 3000 guerreiros. Como consecuencia, o cristianismo difúndense entre un pobo franco que continuaba sendo maioritariamente pagán.
Despois dunha serie de vitorias sobre os seus rivais, en particular, sobre os burgundios, Clodoveo érguese pois como un duns primeiros reis xermanos de Occidente en adoptar a relixión cristiá dominante, a de Roma, á diferenza dos visigodos, longobardos e alamáns, que eran arianos.
Coa súa conversión, Clodoveo gaña o apoio das elites galo-romanas e consegue fundar unha dinastía duradeira (a cal toma o nome do seu ascendente xermánico): os merovinxios.
Estabelecidos en Neustria, os merovinxios reinan na Galia até mediados do século VIII. Os seus soberanos máis coñecidos son Dagoberto I e a raíña Brunehaut. Hai que sinalar que nesta época, como baixo a dinastía carolinxia que virá despois, non se fala de Francia, senón de Reino dos Francos (Regnum Francorum) xa que os reis xermanos, de feito, non reinan sobre un territorio, senón sobre os seus súbditos. O reino franco viviu varias segregacións e distribucións, dado que os francos dividían a propiedade entre os fillos superviventes, e a falta dun amplo sentido da res publica, concibían o reino como unha propiedade privada de grandes dimensións. Esta práctica explica en parte a dificultade de describir con precisión tanto as datas como as fronteiras xeográficas de calquera dos reinos francos, así como de determinar quen gobernaba en cada unha das rexións. O baixo nivel de alfabetización durante a hexemonía dos francos agrava o problema, xa que se conservan moi poucos documentos escritos. De todos os xeitos, podemos dicir que basicamente se distinguían dúas dinastías de líderes que se sucederon respectivamente: en primeiro lugar os merovinxios e despois os carolinxios.
Os primeiros francos miniatura|esquerda|190px|Estatua de Carlomagno (tamén chamado Karl der Große, "Carlos o grande") en Frankfurt, Alemaña.
Non se sabe moito dous inicios da historia dos francos. O cronista galo-romano Gregorio de Tours, autor da Historia Francorum (‘Historia dos francos’) que cobre o período que chega ata o ano 594, é a nosa fonte principal. Nela cita á súa vez como fontes a Sulpicio Alexandre e a Frixerido (os cales nos serían descoñecidos de non ser por el), alén de aproveitar a súa propia relación persoal con moitos francos insignes. Á parte da Historia de Gregorio, existen ademais outras fontes romanas anteriores, como Amiano Marcelino e Sidonio Apolinar.
Os estudosos modernos dedicados ao período das migracións suxeriron que o pobo franco podería xurdir da unificación de pobos xermánicos anteriores máis pequenos (Usipetes, Téncteros, Sicambres e Bructeri), que habitaban o val do Rin e os territorios situados inmediatamente ao leste. Esta unión podería estar relacionada co aumento do caos e as insurreccións acontecidas na zona como resultado da guerra entre Roma e os marcomanni, que comezara no ano 166; así como os conflitos derivados desta durante a segunda metade do século II e o século III. Pola súa banda, Gregorio afirma que os francos viviron orixinalmente en Panonia, pero que máis tarde se asentaron ás beiras do Rin. Existe unha rexión ao nordeste da actual Holanda (ao norte do que unha vez foi a fronteira romana) que leva o nome de Salland, e podería recibir ese nome dos salios.
Cara ao ano 250, un grupo de francos, aproveitándose da debilidade do Imperio Romano, chegou ata Tarragona (en Hispania), ocupando esta rexión durante unha década antes de que as forzas romanas os dobregasen e expulsasen de territorio romano. Uns corenta anos despois, os francos tomaron o control da rexión de Scheldt, interferindo nas rutas marítimas da Bretaña. Os romanos pacificaron a rexión, pero non expulsaron os francos.
As etnias da liga dos francos Os pobos que constituían a liga dos francos comprendían probabelmente os Chamavi, os Chatti, os Ansibarii ou Ampsivarii, os Bructeri, os Quadi, os francos salios (establecidos preto do río Sale e das bocas do Yssel), os Cherusci, os Angrivarii, os Hattuarii (quizais son os mesmos cós Chasuarii), os Tubantes, os Tenchteri ou Téncteros, os Usipetes, os Sugambri ou Sicambres e os Chauci ou Chauchi, establecidos ao nordeste dos frisios, normalmente máis relacionados cos saxóns que cos francos.
O Imperio Franco Fundación Entre os anos 355 e 358, o emperador Xuliano volveu atoparse coas vías fluviais do Rin baixo o control dos francos, e unha vez máis volveunos pacificar. Roma concedeulles unha parte considerábel da Galia Bélxica, momento a partir do cal pasaron a ser foederati do Imperio Romano. Aínda hoxe séguense falando en Flandres (Bélxica) e Holanda o holandés, unha lingua de orixe xermánica. Deste xeito, os francos convertéronse no primeiro pobo xermánico que se asentou de xeito permanente dentro de territorio romano.
Desde a súa rexión, os francos conquistaron gradualmente a maior parte da Galia romana ao norte do Loira e ao leste da Aquitania visigoda. Nun principio, axudaron a defender as fronteiras en calidade de aliados. Por exemplo, cando unha invasión levada a cabo na súa maior parte por tribos xermánicas orientais cruzou o Rin no ano 406, os francos loitaron contra estes invasores. Esta invasión avanzou principalmente cara os territorios ao sur do río Loira (na rexión de París, o control romano perdurou ata o ano 486, unha década despois da caída dos emperadores de Rávena, en parte grazas ás alianzas cos francos.
Os merovinxios
O que nos chegou sobre os reinos dos primeiros xefes francos, Faramundo (aproximadamente entre 419 e 427) e Clodio (aproximadamente entre 427 e 447, parece ter máis de mito que de realidade, e a súa relación coa dinastía dos merovinxios permanece pouco clara.
Gregorio menciona a Clodión (Chlodio) como o primeiro rei que iniciou a conquista da Galia ao tomar Camaracum (actual Cambrai) e expandir a fronteira ata o río Somme. Isto probabelmente levou o seu tempo; Sidonio relata como Aecio tomou os francos por sorpresa, facéndoos retroceder (probabelmente ao redor de 431). Este período marca o inicio dunha situación que se prolongaría durante séculos: os francos xermánicos convertéronse en soberanos dun número cada vez maior de súbditos galo-romanos.
En 451, Aecio pediu axuda aos seus aliados xermánicos en chan romano para repeler unha invasión dos hunos. Mentres que os francos salios o apoiaron, os renanos loitaron en ámbolos bandos, dado que moitos deles vivían fóra do Imperio. As fontes de Gregorio identifican sen demasiada seguridade a Meroveo (Merovech) como o rei dos francos e posíbel fillo de Clodión. Meroveo foi sucedido no trono por Khilderico I, en cuxa tumba, descuberta en 1653, se atopou un anel que o identificaba como rei dos francos.
Clodoveo
Clodoveo I, fillo de Khilderico I comezou unha campaña militar coa intención de consolidar os varios reinos francos na Galia e Renania, dentro da cal se enmarca a derrota de Siagrio en 486. Esta vitoria supuxo o fin do control romano na rexión de París.
Na Batalla de Vouillé (507), Clodoveo, coa axuda dos burgundios, derrotou os visigodos, expandindo o seu reino ao leste, ata os Pireneos.
A conversión de Clodoveo ao cristianismo, tralo seu matrimonio coa princesa católica burgundia Clotilde en 493, puido axudar a achegalo ao Papa e a outros soberanos cristiáns ortodoxos. A conversión de Clodoveo supuxo a conversión do resto de francos. Ao profesar a mesma fe que os seus veciños católicos, os recentemente cristianizados francos atoparon moito máis facilmente a aceptación por parte da poboación local galo-romana que os arios, os visigodos, os vándalos ou os burgundios. Desta forma, os merovinxios deron lugar á que co tempo sería a dinastía de reis máis estábel de Occidente.
Esta estabilidade, con todo, non se estendía á vida cotiá durante a era merovinxia. Aínda que en tempos dos romanos existía un certo grao de violencia (sobre todo na etapa final), a introdución da práctica xermánica de recorrer á violencia para liquidar disputas e conflitos legais levou a un certo grao de anarquía. Isto afectou ao comercio, que se chegou a ver interrompido ocasionalmente, dificultando de xeito crecente a vida cotiá, o que desembocou nunha progresiva fragmentación e localización da sociedade en vilas. A alfabetización, á parte das igrexas e mosteiros, era practicamente nula.