Aquiles Tacio (en gr., Ἀχιλλεύς Τάτιος), nado en Alexandría, foi un escritor do século II. Traxectoria É coñecido por legar unha novela erótica chamada Leucipa e Clitofonte ou as Aventuras de Leucipa e Clitofonte, claramente composta baixo a influencia retórica da Segunda sofística, cara a finais do século II.

Díxose que Aquiles Tacio é dentro da novela o que Eurípides dentro do xénero tráxico: un autor que coñece e usa as convencións do xénero, pero faino xa cunha ironía e un realismo notábeis. Fronte á simplicidade das novelas anteriores, Aquiles Tacio complica o esquema- dentro da armazón folletinesca da novela grega-, aburguesa aos protagonistas, e engade unha boa chea de digresións internas (descricións de animais, estatuas, cadros, relatos míticos, anécdotas etc.) cun virtuosismo un tanto barroco. Esas ekphráseis e historietas intercaladas eran, seguramente, moi do gusto da época, aínda que choquen con nosas convencións novelescas.

Aquiles Tacio resulta un tanto lascivo en contraste co relixioso ton e o sublime de Heliodoro, como xa notaron os bizantinos, que apreciaban moitos estas dúas novelas. O seu texto foi coñecido pronto; no século XVI foi imitado, e traduciuse ao castelán por vez primeira en 1617, por Diego de Ágreda y Vargas.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Outros novelistas en grego helenístico: Quéreas e Calírroe de Caritón. Etiópicas ou Teáxenes e Cariclea de Heliodoro. Dafnis e Cloe de Longo de Lesbos. Habrócomes e Antía de Xenofonte de Éfeso.

Ligazóns externas Aquiles Tacio: Leucipa e Clitofonte. Texto español, con introdución, en Scribd; a obra, a partir da páx. 32 da reprodución electrónica. Texto grego, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; ed. de Rudolf Hercher (1821 - 1878). Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto. Christine Marguet, da Universidade de Vincennes-Saint-Denis (Université Paris-VIII) : De Leucipa y Clitofonte de Aquiles Tacio a la Historia de los amores de Clareo y Florisea de Alonso Núñez de Reinoso: un caso de reescritura novelesca entre traducción y creación. Texto español en PDF.

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Literatura da Grecia antiga