Hemoptise é o termo médico empregado para describir a expectoración de esputo hemático, isto é, de sangue fresco, que ten coma orixe o aparello respiratorio. A súa intensidade pode abranguer dende moi discreta, pequenos filamentos de sangue, até formas severas con sangue fresca denominada hemoptise franca. A hemoptise masiva é a forma de presentación máis grave.

A hemoptise refírese só ao sangue expulsado pola boca que provén do aparello respiratorio. O sangue que ten coma orixe o aparello dixestivo alto (vómitos sanguentos) coñécese co nome de hematámese.

Na hemoptise, o sangue é de cor brillante, escumosa ou en forma de coágulos, a diferenza da hematámese, onde o sangue é de cor marrón, semellando á borra do café, e que pode conter restos de alimentos, xa que a orixe é o aparello gastrointestinal. Outra diferenza entre a hematámese e a hemoptise é o pH: é alcalino ou básico na hemoptise e ácido na hematamese.

Clasificación segundo a gravidade A hemoptise pódese clasificar segundo a súa gravidada en leve, moderada, severa ou masiva. Dita clasificación baséase no volume en mililitros de sangue perdida ao día.

Leve: menos de 30 ml/día Moderada: de 30 a 200 ml/día Severa: de 200 a 600 ml/día Masiva: máis de 600 ml/día

Causas 250px|miniatura|Mycobacterium tuberculosi pode dar lugar a tuberculose, causa de hemoptise. 250px|miniatura|Ao producir dano no aparello respiratorio, non é raro que o cancro de pulmón cause hemoptise mantida. Existen numerosas causas de hemoptise, sendo a bronquite e a pneumonía as causas máis habituais, malia non as únicas. En pacientes fumadores, a hemoptise persistente pode ser un síntoma frecuente.

As principais causas de expulsión de sangue procedente do aparello respiratorio son:

Cancro de pulmón, tanto os carcinomas pulmonares de célula pequena como de non-célula pequena..Google Health – GoogleGoogle Health – Google Sarcoidose Aspexiloma TuberculoseGoogle Health – Google HistoplasmoseHistoplasmosis Symptoms - Diseases and Conditions - Mayo Clinic Pneumonía Edema pulonar Inxestión de corpo estraño e pneumonía por aspiración Síndrome de Goodpasture Granulomatose de WegenerWegener's granulomatosis Symptoms - Diseases and Conditions - Mayo Clinic Bronquite Bronquiectasias Embolia pulmonar Terapia con anticoagulantes Traumatismo Absceso pulmonar Estenose mitral Eosinofilia tropical De causa medicamentosa Trastornos da coagulación sanguínea

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hematámese Melena Tuberculose Cancro de pulmón Ligazóns externas Hemoptise en MedlinePlus .

Categoría:Síntomas